17 oct. 2016

SAÍDA AO GROVE

Hoxe o alumnado de 4 e 5 anos visitaron o Grove, a través do programa Aliméntate Ben: "O Sabor da Aventura está no Mar", do plan proxecta.
A primeira parada foi no Porto de Meloxo, alí vimos un polbo acabado de pescar, os barcos bateeiros, as nasas, redes...
Resultado de imagen de o sabor da aventura está no mar          Resultado de imagen de o sabor da aventura está no mar

A continuación, visitamos o Museo de Salazón no que á parte da visita puideron disfrutar dunha deliciosa merenda.
Para rematar visitamos o Acuario do Grove.
Queremos darlle as grazas aos monitores por esta interesante e divertida actividade.
Nos diversos blogs das aulas atoparedes imaxes da saída así coma na galería nos vindeiros días.

Para ver todas as fotos desta saída premer AQUÍ


6 oct. 2016

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

De conformidade coa Resolución do 26 de Setembro de 2016 (DOG 4 de Otubro) renovaranse proximamente dous membros ( 1  mestre e 1 pai/nai) do CONSELLO ESCOLAR do centro.

Empezaremos o luns o proceso coa Constitución da Xunta Electoral



Esta información recibirédela mañá nas escolas en formato papel.












REUNIÓN XERAL DO C.R.A.

O vindeiro luns 10 de Outubro ás 4 da tarde na Sede do C.R.A. en Leiro celebraremos a Reunión Xeral do centro, esperamosvos a tódolos pais, nais e titores do noso alumnado, é moi importante a vosa participación.

Non faltedes.


VISITA DA BANDA MUNICIPAL DE RIBADUMIA

O 30 de Setembro recibimos nas escolas á Banda Municipal de Ribadumia para presentarlle os instrumentos ao noso alumnado.
Tamén nos agasallaron con cancións infantís moi divertidas.