24 nov 2016

PROCLAMACIÓN DE CANDIDATOS PARA AS ELECCIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR



Mañán ás 9:00 horas en Leiro será sorteo público para o membros da mesa electoral para o vindeiro Luns 28 de Novembro de 16:30 a 18:30 horas.

O vindeiro Luns, animádevos a participar. 

7 nov 2016

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

CALENDARIO PARA A RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR DO CRA DE RIBADUMIA

Ø  14 de novembro: Claustro de mestres para informar das normas e a relación de candidatas.

Ø  15 de novembro: Exposición dos censos.

Ø  Do 16 ao 23 de novembro: prazo de admisión de candidaturas (os pais que queiran ser candidatos para formar parte do consello escolar deberán entregar nas escolas a folla adxunta cuberta)

Ø  24 de novembro: Proclamación de candidatos.

Ø  25  de novembro: As 09:00 horas sorteo público dos compoñentes da mesa electoral do sector pais, entre os que non se presenten como candidatos.

Ø  28 de novembro: votación de todos os sectores:
·         Sector de mestres: 16:00 claustro de carácter extraordinario.
·         Sector de pais: de 16:30 a 18:30 na sede do CRA, deberán traer o DNI e o voto será secreto, directo e non delegable.

Ø  Constitución do novo Consello Escolar dentro dos 10 días seguintes a votación.


                                                                                                                                    A XUNTA ELECTORAL.

3 nov 2016

SAMAÍN - MAGOSTO

O pasado 28 de Outubro na sede do C.R.A. en Leiro, celebramos o Samaín e como non a chegada dos froitos do outono (as castañas) cun magosto.

Durante a primeira parte da mañá, chegaron ao centro o mariñeiro Luis, a cociñeira Mariña e a científica Balbina para ensinarnos a familia dos Arroases e as aportación dos peixes á saúde dentro do Programa " O Sabor da Aventura está Mar".

COMO COCIÑAR O PEIXE?

QUE NOS APORTAN OS PEIXES?




Despois destes obradoiros xa toca repor forzas. Que rica merenda lles espera.


QUE DELICIOSA MERENDA.

RICO RICO



Mentres tanto varios pais e nais asaban nas castañas para despois celebrar o magosto.

CONXUROS DA BRUXA HERMELINDA


O alumnado coa mestra de música, cantaron e bailaron "Momia de Colores".




Xa estamos preparados para seguir bailando e cantando coa Banda de Música Municipal de Ribadumia.









Participando todos, cantando e bailando.

Entre bruxas, esqueletos e castañas este samaín chega ao seu final.















Moitas grazas a todos e todas por facer que esta actividade sexa posible.

Para ver as fotos deste día, premer AQUÍ

Este día especial, difundeuse a través dos xornais galegos, preme
FARO DE VIGO

Tamén na edición impresa do diario de arousa do sábado.

Se queredes máis información sobre a Banda Municipal de Ribadumia aquí queda a información e o enlace da súa páxina.
BANDA MUNICIPAL DE RIBADUMIA