13 dic 2016

CELEBRACIÓN DE NADAL

O vindeiro 21 de decembro visitaranos KID´S &US no Auditorio de Ribadumia,  con un conto superdivertido.

Animamos á comunidade escolar a participar dende as 11:30 nas actividades programadas neste día.


ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS

O vindeiro venres 16 de decembro en Leiro, levaranse a cabo durante a mañá co noso alumnado actividades medioambientais nunha aula móbil, de recollida selectiva de residuos e reciclaxe de 11 a 13 horas.

Pola tarde tamén realizarán actividades para as familias na praza do concello.