Estimadas familias:
Do 1 ao 15 de febreiro, está
aberto o prazo para a reserva de praza dos nenos/as de 6º de Infantil (5 anos)
en 1º de Primaria no colexio adscrito (CPI JULIA BECERRA MALVAR).
Todas as familias que queiran matricular aos seus
fillos/as neste centro en 1º de Primaria, deberán entregar cuberto nas escolas
do CRA este documento de reserva antes
do MÉRCORES 15 DE FEBREIRO .
No caso de que queirades matricular aos vosos fillos/as
noutro centro diferente a o adscrito, deberedes facelo no centro da vosa
elección noutro prazo a partires do 1 de MARZO , onde vos informarán da documentación precisa.
Este ano a través da
aplicación informática admisión de alumnado da consellería de educación as
familias poden crear unha solicitude online, e entregala en Leiro (en dirección).
Para facelo online:
Solicitudes → Solicitudes de reserva →Crear solicitude
Un cordial saúdo.
A dirección do centro.
Tamén podedes descargar o impreso (páxinas 1 e 2) no seguinte enlace: ANEXO II
No hay comentarios:
Publicar un comentario