23 feb 2017

ADMISIÓN PARA O 2º CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL CURSO 2017- 2018

A partires do día 2 de Marzo ata o 20 de Marzo xa poderedes entregar no centro as vosas solicitudes de admisión para os vosos fillos/as.
As solicitudes podedes recollelas nas diversas escolas ou descargalas do seguintes arquivo adxunto:

SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II

Tamén este ano poderedes facelo online a través da aplicación ADMISIÓN DO ALUMNADO, coa seguinte ruta.

 
Solicitudes →Admisión do alumnado → Crear solicitudes.

***Para cubrir a solicitude en canto á RENTA deberedes sumar as casiñas 380 + 395 do IRPF do 2015. 
Para a RENTA PERCÁPITA  dividiredes ese importe entre o número de membros da unidade familiar a 28 de febreiro de 2017.

Coa solicitude deberedes entregar no centro:
  • Fotocopia do libro de familia.
  • DNI do neno.
PARA INFORMACIÓN DE PLAN MADRUGA E COMEDOR CHAMAR AO TELEFONO DA SEDE DO C.R.A.
666410195

 




CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

Mañá veremonos no Auditorio de Ribadumia para celebrar o Entroido.
Todas as aulas realizarán un obradoiro sobre "O sabor da Aventura está no Mar" e despois a partires das 11 e media xa podedes participar as familias merenda, agasallada nesta ocasión polo alumnado de 3 anos.
Ás 12 e cuarto comezará o desfile de entroido polos arredores do Auditorio. As familias tamén podedes vir disfrazadas. Animádevos a participar.

Esperámosvos.
 

20 feb 2017

O MECO MANDA

ESTA SEMANA O MECO MANDA QUE TRAER CADA DÍA Á ESCOLA
 

15 feb 2017

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Estimadas familias:

O vindeiro luns 20 de Febreiro queremos convidarvos a visitar o noso centro educativo cunha xornada de portas abertas e darvos a oportunidade de coñecer, en compaña dos vosos fillos/as que están a punto de comezar a escolarización no 2º ciclo de Educación Infantil, as diversas escolas do CRA situadas en varias parroquias do concello (Leiro, Lois, Sisán e Ribadumia).

Teredes ocasión de compartir cos vosos/as nenos/as actividades dentro da propia escola, coñecer o funcionamento, equipo docente e instalacións do CRA, así coma disfrutar dunha sesión de CONTACONTOS na Sede do Centro en Leiro

Se non podedes asistir, visitádenos polas mañás de 11:45 a 12:20 no período do recreo; os luns polas tardes de 16 a 18 horas ata fin de curso ou con cita concertada no teléfono 666410195.

Animámosvos a todos/as a participar. Tamén podedes coñecer a nosa labor visitando o blog e páxina web do centro .
Podedes RESERVAR PRAZA ao voso fillo/a no noso centro do 1 ao 20 de Marzo.
      
craderibadumia.blogspot.com.es


Un cordial Saúdo.
ACTIVIDADE DESTA TARDE
DE 16 A 16:45 : XOGOS E ACTIVIDADES NAS DIFERENTES ESCOLAS .
DE 17 A 17:30 : ACTIVIDADE  CONXUNTA NA SEDE DO CRA. 
     CONTACONTOS.(LOCAL SOCIAL LEIRO).
Observa o labor educativo no blog do noso centro.
http://craderibadumia.blogspot.com.es/
CARACTERÍSTICAS DO CRA. 
  • Grupos reducidos / atención   individualizada.
  • Aula de informática, invernadoiro, xardín dos sentidos e amplas zonas de xogo.
  • Especialistas de inglés, música, educación física, Audición e Linguaxe e informática.
  • Traballo por proxectos, ….
  • Participación das familia nos proxectos,
  • celebracións …
  • Plan madruga (cun mínimo de 10 alumnos).
  • Actividades extraescolares.
  • Comedor compartido co CPI (consultar na sede do CRA)
  • ANPA


ADMISIÓN DE ALUMNADO CURSO 2017/2018

Estimadas familias:
Do 1 ao 15 de febreiro, está aberto o prazo para a reserva de praza dos nenos/as de 6º de Infantil (5 anos) en 1º de Primaria no colexio adscrito (CPI JULIA BECERRA MALVAR).
Todas as familias que queiran matricular aos seus fillos/as neste centro en 1º de Primaria, deberán entregar cuberto nas escolas do CRA este documento de reserva antes doMÉRCORES 15 DE FEBREIRO .

No caso de que queirades matricular aos vosos fillos/as noutro centro diferente a o adscrito, deberedes facelo no centro da vosa elección noutro prazo a partires do 1 de MARZO , onde vos informarán da documentación precisa.
 
Este ano a través da aplicación informática admisión de alumnado da consellería de educación as familias poden crear unha solicitude online, e entregala en Leiro (en dirección).

 
Para facelo online:
Solicitudes → Solicitudes de reserva →Crear solicitude
 
Un cordial saúdo.
A dirección do centro.