Na primeira parte da mañá coa colaboración da Consellería do Mar, tivemos un obradoiro de "O Sabor da Aventura está no mar". O alumnado do C.R.A. descubriron da man de LUIS (o Pescador) e as súas compañeiras, a importancia de comer peixes, de non contaminar o mar...
Despois desta actividade, chegaron as familias para disfrutar dunha deliciosa merenda (filloas, orellas,...) e como de entroido se trata, tamén viñeron disfrazados.
Moitas grazas a todas as familias que tamén se disfrazaron para pasar este feliz día. |
Xa toca vestirse, e convertirse en:
BRUXAS DO MAGO DE OZ |
PETER PAN E O CAPITÁN GARFIO |
OS DÁLMATAS E CRUELLA |
Coa compaña das familias recorremos o entorno do Auditorio.
Paseando o colorido e creatividade.
Moitas grazas a todos e todas por colaborar (familias, ANPA, CONCELLO...)
SCARLET E HERB COS MINNIONS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario