9 mar 2017

SALÓN DO LIBRO

O C.R.A de Ribadumia participou un ano máis no Salón do Libro no pazo da cultura de Pontevedra elaborando unha maqueta.
Animámosvos a visitar o Salón do Libro, en Pontevedra. Este ano baixo o lema "O mundo que queremos".

 Dende o 10 de marzo ao 2 de abril poderedes disfrutar de múltiples actividades culturais para todos os públicos.

Un ano máis o Salón do Libro Infantil e Xuvenil chega cargado de actividades que buscan o fomento da lectura e a creatividade dende idades moi temperás.
Contacontontos, obradoiros, teatro, música, espectáculos para bebés e moito máis agardan por vós no Pazo da Cultura do 10 de marzo ao 2 de abril. Descarga o programa e non te perdas nada!
Nota importante: O Salón abrirá as portas ao público o 10 de marzo ás 19h, logo do espectáculo "Xoga" programado para as 18h. (A partir de 2 anos. Prezo 3€. Entradas á venda 1h antes no vestíbulo do auditorio).
Para ver o programa en pdf descárgao 

No hay comentarios:

Publicar un comentario