1 nov 2017

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

O martes 31 de outubro celebramos na Sede do C.R.A en Leiro, a celebración do Samaín acompañado do Magosto.

Durante a primeira parte da mañá desenroláronse diversos obradoiros: de plástica (elaboración dun cestiño para as castañas asadas), visionado de vídeos , contacontos e Samaín e xogos de Samaín relacionados coa mitoloxía, bruxas, vampiros, monstros...

O alumnado trouxo calacús decorados de forma moi orixinal.
Ás 11 e media degustaron unha deliciosa merenda terrorífica que trouxeron as familias neste día.
Despois o escritor e ilustrador Heitor Picallo mostrounos como elaborou o seu libro "Tilirín e a mitoloxía", que materiais emprega para ilustrar láminas... como se ilustra....

Neste día non podía faltar a visita da Bruxa Hermelinda coas súas pócemas máxicas. Para rematar todo o alumnado bailou a canción dos monstros peludos.

As familias colaboraron durante toda a mañá asando as castañas para a súa degustación.





Moitas grazas por facer que esta celebración fose posible.

A nosa celebración saíu na prensa, preme AQUÍ

As fotos da celebración podes velas AQUÍ








No hay comentarios:

Publicar un comentario