19 dic 2017

CELEBRACIÓN DE NADAL

O vindeiro 21 de decembro,no Auditorio de Ribadumia; invitámosvos a celebrar connosco a celebración de Nadal, a partires das 11 e media deixámosvos aquí o programa de actividades.




Kid's & Us. Agasallaranos cun fermoso contacontos en inglés.

Esperamos a vosa asistencia.

CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES

Rematada a campaña de recollida de xoguetes, para que ningún neno ou nena quede sen xoguetes este Nadal dende o C.R.A. dámosvos as grazas pola vosa colaboración.

Recordámosvos que podedes seguir traendo tapóns, a Leiro; durante todo o curso.

Moitas grazas.


5 dic 2017

DÍA DO VOLUNTARIADO

Hoxe para celebrar o Día do Voluntariado, asistimos á Cidade da Cultura; alí esperábannos unhas persoaxes moi especiais para o noso alumando: OS BOLECHAS!!!




Os Bolechas presentaban a súa guía "Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias".

Cada centro educativo asistente traballa en Voluntariado ou axuda aos demáis. Agasalláronnos cunha das súas guías e o carné de voluntario.

Participaron nun concurso de debuxo e temos que darlle os parabéns a LOIS (RIBADUMIA), DAVID (LOIS) e DANIEL (LOIS).

Podedes ver imaxes desta xornada:
- Na CRTVG.
- Tamén AQUÍ  e neste enlace: https://es-es.facebook.com/osbolechas
Para ver as imaxes da galería, preme AQUÍ

ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

O luns 4 de decembro na Sede do C.R.A. en Leiro, todo o alumnado participou nos obradoiros sobre o consumo responsable que nos proporcionou a Escola Galega de Consumo.

Dende a primeira hora estivo realizando obradoiros sobre: a pirámide de alimentos, consumo responsable e a elaboración dun xoguete.





Saímos na prensa AQUÍ

Para ver as imaxes da galería preme AQUÍ

1 dic 2017

1ª CARREIRA POPULAR SOLIDARIA




A A.N.P.A. do C.R.A. de Ribadumia organiza para o vindeiro mércores 6 de decembro unha carreira popular solidaria. Só hai que colaborar con productos de hixiene infantil.
Dende o C.R.A. animamos ás familias a que participen nesta xornada divertida para maiores e pequenos/as.
Neste cartel tendes toda a información: