26 feb 2018

LISTAXE DE VACANTES PARA O VINDEIRO CURSO 2018/2019

Ábrese o prazo do 1 ao 20 de marzo para reservar praza para o novo alumnado que queira escolarizarse no noso centro educativo.
Aquí podedes ver as vacantes existentes por escola e tamén a documentación necesaria para facelo.

LISTAXE DE ADMITIDOS NO CENTRO ADSCRITO PARA O VINDEIRO CURSO

Listaxe de nenos para 1º de Educación Primaria para o vindeiro curso na reserva de praza para o centro adscrito, o CPI Julia Becerra Malvar.
 
Está admitido todo o alumnado que presentou a reserva do 1 ao 15 de febreiro.


22 feb 2018

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O día 9 de febreiro no Auditorio de Ribadumia, tivemos a celebración do Entroido, este ano coa temática da mitoloxía.
Dende a primeira hora da mañá coa colaboración da Consellería do Mar realizaron obradoiros sobre o "Sabor da aventura está no mar".



 
 Despois de merendar unha deliciosa merenda de Entroido, convertímonos en:
Tronantes, Gregos, Neptunos e Trasnos. 

  

7 feb 2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA

Hoxe en Leiro, todo o alumnado e docentes recibimos a visita de varias mulleres que nos ensinaron e explicaron a súa profesión.
Durante toda a mañá realizamos 4 obradoiros nos que o alumnado foi rotando por eles.
Obradoiro con Luisa Martínez, científica do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM). "A ciencia a pé de praia"
Neste obradoiro descubrimos como é o mar, as olas, á area e todos os seres vivos que viven nel.



- Obradoiro de Nieves Álvarez, científica do Instituto de Investigacións Agrobiolóxicas de Galicia (IIAG). "A ciencia levámola dentro".
Neste obradoiro descubrimos como son as árbores, como se reproducen e alimentan as árbores e prantas, as follas,...




- Obradoiro sobre a conserva.
Dende a conserveira CERMAR, neste obradoiro o alumnado puido descubrir o proceso de elaboración das conservas, a importancia do consumo de peixe e conservas, a través dunha unidade didáctica e un conto interactivo. Tamén puideron ver a elaboración de un novo producto para nenos e nenas con atún, o PEQUETÚN conserva de atún pensado para gustarlle aos nenos nenas.


- Obradoiro de plástica: Elaboramos un Taumatropo.
Cada alumno coloreou e creou o seu propio taumatropo, nesta ocasión escollemos un dun peixe cun disfraz.






Que mañá máis interesante, canto aprendemos ....
Poderedes ver imaxes desta xornada de hoxe, en 7 Canal Riasbaixas (pola noite) e nos xornais "A voz de Galicia" e "Faro de Vigo" mañá.

Podedes ver imaxes do día na web do centro. AQUÍ 



6 feb 2018

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO PARA PRIMARIA


Estimadas familias:
Do 1 ao 15 de febreiro, está aberto o prazo para a reserva de praza dos nenos/as de 6º de Infantil (5 anos) en 1º de Primaria no colexio adscrito (CPI JULIA BECERRA MALVAR).
Todas as familias que queiran matricular aos seus fillos/as neste centro en 1º de Primaria, deberán entregar cuberto nas escolas do CRA este documento de reserva antes do LUNS 15 DE FEBREIRO .
No caso de que queirades matricular aos vosos fillos/as noutro centro diferente a o adscrito, deberedes facelo no centro da vosa elección no prazo do 1 ao 20 de Marzo , onde vos informarán da documentación precisa.
A solicitude pode ser recollida nas escolas do C.R.A. e entregala en Leiro (en dirección) ou facelo a través da aplicación informática admisión de alumnado da consellería de educación; aí poden crear unha solicitude online, e entregala en Leiro (en dirección).
Para facelo online:
Solicitudes → Solicitudes de reserva →Crear solicitude
Un cordial saúdo.


A dirección do centro.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

Mañá venres en LEIRO na Sede do CRA de Ribadumia, todo o alumnado participará nos obradoiros sobre ciencia coa colaboración de científicas do CSIC, tamén contaremos con obradoiros sobre a importancia do peixe (concretamente o atún) na vida dos nenos coa colaboración da conserveira Cermar.

Todo o alumnado debe asistir á Leiro ás 9 da mañá como se indicou na circular das familias.

ENTROIDO

O vindeiro venres a partires das 11:45 degustarán unha merenda de entroido as familias, alumnado e docentes do C.R.A. DE RIBADUMIA para continuar coa celebración  do ENTROIDO no Auditorio de Ribadumia.
Este ano a temática será a MITOLOXÍA.
Todas as familias poden vir disfrazadas.

Animádevos a participar.

ORDES DO MECO

Xa estamos na semana do entroido, o MECO manda. Por iso, esta semana debemos vir vestidos da seguinte maneira:


PARTICIPACIÓN NO DESFILE DE ENTROIDO DA ANPA


Animádevos a participar.