O 25 de maio realizamos en Sisán a Xornada de Educación Vial coa colaboración da DXT de Pontevedra e a autoescola Barrantes.
Durante a primeira parte da mañá o alumnado foi disfrutando de varias actividades.
- CIRCUITO:No pavillón de Sisán - distribuíuse un circuito con semáforos, rotondas, sinais....
- VEHÍCULOS: Visita aos vehículos dos efectivos da DXT e o camión da autoescola Barrantes.
- PRESENTACIÓN: A través dun power point e uns vídeos os efectivos de tráfico, fan unha labor de información e prevención de riscos cando saen á rúa.
- CICLISMO: Gustavo César Veloso, ciclista profesional visitounos para dar a coñecer o ciclismo e as súas características e tamén como deben ser eles cando viaxan en bici.
Despois da merenda estivemos moi atentos no Teatro de títeres "Caperucita peapona e lobo veloz"
Para visualizar tódalas imaxes deste día premer AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario