2 nov 2018

MAGOSTO E SAMAÍN

A pesar do tempo atmosférico, a mañá estivo de medo! 
Primeira festa do ano superada con nota! 

Nada disto sería posible sen o traballo e colaboración de todos os que formamos este CRA. 
Grazas ás familias porque están baixo a choiva e asan castañas, porque cociñan doces marabillosos, porque modifican os seus horarios para ver gozar aos seus fillos e colaborar, porque decoran cabazas, porque trasladan mesas e bandexas, ....porque están aí! 
Grazas aos s nen@s porque se disfrazan, porque participan activamente nas charlas, porque bailan, porque cantan, porque nos sacan sorrisos,....porque se portan xenial! 
Grazas ao SEPRONA porque acoden cando os chamamos, porque nos ensinan a coidar a natureza, porque nos presentaron a Lea,...porque nos axudan! 
Grazas á Agrupación músico cultural de Ribadumia porque nos fan bailar, porque nos ensinan a tocar instrumentos...porque animan a festa! 
Grazas ao Concello porque nos cede o asador de castañas, porque nolo traen con todo o que se necesita,...porque cando os chamamos non dubidan en colaborar!
Grazas ás profes porque organizan, porque preparan bailes, porque fan teatro, porque decoran o cole, porque sacan fotos, porque se disfrazan, porque colocan e limpan,... porque están pendentes de tod@s @s nen@s!

GRAZAS POR ESTAR! 

Fotos, vídeos e máis información nas seguintes ligazóns

No hay comentarios:

Publicar un comentario