A xornada comezou no Auditorio Sede Afundación Pontevedra onde gozamos coa obra "Burbujas de papel". Gañadora do Premio a mellor espectáculo familiar 2014 na Feira de Teatro
de Castela-León (Cidade Rodrigo). Este espectáculo sen palabras combina
a danza, a música e a interacción multimedia, creando unha proposta
visual e plástica que xoga desde a imaxinación do neno
para ir a un mundo fantástico. Roger, un trompetista namorado das
burbullas, coñece a unha fada travesa que lle axudará a conseguir o seu
obxectivo, devolverlle as ganas de xogar, rir, imaxinar e bailar a todo o
mundo.
Rematamos a xornada con dúas actividades no Café Moderno:
- Coñecemos a historia do loro Ravachol e do Café moderno
- Quentamos motores para o Entroido facendo unha careta moi colorida do loro Ravachol
Fotos, vídeos e máis nas seguintes ligazóns:
Blog Ribadumia A
Blog Ribadumia A
No hay comentarios:
Publicar un comentario