Día espectacular para celebrar a chegada da primavera.
Unha mañá moi atarefada confeccionando cadenetas con pampullos, alfombras primaverais e o xa tradicional maio. Ademais, contamos coa visita de Rocío ( programa educativo “Apúntate á compostaxe” de CEIDA en colaboración coa Deputación de Pontevedra) que viña acompañada de Ecocol,
xuntos ensináronnos como elaborar unha "terra máxica" (compost).
Collemos forzas cunha merenda preparada con moito esmero polas familias.
Rematamos o día bailando e cantando ao redor do maio amenizados polo grupo de gaiteiros "Demos da Petaca", agasallo da ANPA do noso cole.
Grazas a todos pola vosa colaboración
Fotos, vídeos e máis nas seguintes ligazóns:
Leiro
Lois
Ribadumia A
Ribadumia B
Sisán
Natureza
ANPA CRA de Ribdumia
Leiro
Lois
Ribadumia A
Ribadumia B
Sisán
Natureza
ANPA CRA de Ribdumia
No hay comentarios:
Publicar un comentario