O
venres, 30 de outubro, tivemos a festa do Magosto-Samaín.
Os
nosos alumnos viñeron disfrazados de vampiros, zombis, bruxas…
Fixemos unha exposición coas cabazas, decoradas nas casas, que trouxeron as familia.
E
durante a mañá, realizamos moitas actividades:
As
mestras contaron contos de medo.
As
familias trouxeron castañas e carozos para asalas e, algúns pais, nais e avoa
estiveron facendo esta tarefa. O asador que utilizamos deixóunolo o Concello de Ribadumia.
Para
facer os cucuruchos para as castañas, decoramos con ceras follas de papel
recicladas.
Angeles,
a mamá de Izan de Sisán, trouxo á ecobotella para ensinarnos a importancia das
3R e, mostrounos un vídeo sobre a importancia de reciclar, reducir e reutilizar.
Visitounos
a Agrupación músico-cultural de Ribadumia cos que os nenos aprenderon os nomes dos intrumentos que trouxeron e como soan. Tamén tocaron e cantaron
connosco cancións.
Merendamos
riquísimos doces preparados nas casas polas familias.
E, para
rematar a mestra Montse e Angeles (a mamá de Izan de Sisán) representaron a obra “A bruxa Hermelinda e a fada das 3R”.
Queremos
dar as grazas as familias pola súa colaboración, e por suposto aos pais, nais e
avoa que estiveron asando as castañas a pesares do mal día que estivo.
Podedes
ver máis fotos nestes enlaces:
No hay comentarios:
Publicar un comentario