23 mar 2020

ACTIVIDADES C.R.A DE RIBADUMIA

Ademais das actividades de psicomotricidade que propón o mestre Mariano de E.F, imos a poñer aquí todas as que recomendan os mestres nos distintos blogs do 
C.R.A de Ribadumia.

AULA DE LEIRO
Para traballar as emocións dos nenos ante o virus
Actividades para que non perdan os hábitos adquiridos na escola
Aproveitando o día da narración oral (20 de marzo), enlaces a contos para ver e escoitar, ditos, recitados, cancións…

AULA DE RIBADUMIA B
Moitas propostas de actividades para estes días: nunha folla traballar o calendario do tempo, crear receitas novas, ler un conto e facer un debuxo sobre el, facer unha galería de arte cós debuxos que ides facendo etc..
Artigos, contos, experimentos, xogos e caderno de colorear en aberto para descargar
Xogos en liña
A Biblioteca Nacional de España conta cun conto cada día
Álbumes ilustrados para ler en formato dixital
Vídeos de Antonio Prado para aprender a bailar a xota e a muiñeira na casa en familia
Como facer un comecocos científico con preguntas relacionadas co mar

AULA LOIS
Varias propostas: como facer plastilina con fariña, xogo de auga, experimentar con obxectos (e un recipiente con auga) cales flotan e cales non, disfrazarse e facer desfiles de moda, esconder obxectos e dar pistas para que os demais o atopen etc…

AULA DE RIBADUMIA A
Varias propostas: pintarse as uñas, esconder mensaxes pola casa, inventarse unha poesía, xogar a adiviñar personaxes,debuxar retratos, facer collage etc…
Varias cousas: facer slime, mestura de cores con cubos de xeo, facer arroz sensorial, crear unha pista de obstáculos, decorar unha caixa de cartón, facer botellas sensoriais etc…
Aplicación para móbil ou tablet, webs para ordenador, actividades sensoriais, webs para descargar actividades que se poden imprimir gratis, museos para visitar estando na casa etc…

AULA DE SISÁN
A propósito do día da Poesía (21 de marzo), poemas de Gloria Fuertes para ler aos nenos
Actividades Montessori para facer na casa

AULA DE NATUREZA
Propostas de actividades para o Día Internacional dos Bosques e da Auga e para facer con material de refugallo
Salón do Libro virtual con obradoiros, contacontos, visitas virtuais…
Vídeos educativos sobre animais e proposta para facelos de origami e debuxalos, a través de vídeos que o mostran paso a paso   

Podedes seguir mirando en todos estes blog para ver as novas propostas:

Tamén colgaremos actividades e vídeos de Inglés.



No hay comentarios:

Publicar un comentario