2 abr 2020

DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe, 2 de abril de 2020, é o día Mundial de Concienciación sobre o Autismo


A celebración deste ano chega no medio dunha crise sanitaria, que xera un risco desproporcionado para as persoas con autismo a consecuencia do coronavirus e dos seus efectos sobre a sociedade.
As persoas con autismo teñen dereito á libre determinación, á independencia e á autonomía, así como á educación e ao empleo en igualdade de condicións. O colapso de sistemas e redes de apoio vitais como resultado do coronavirus, sen embargo, agudiza os obstáculos aos que deben enfrontarse as persoas con autismo para exercer os seus dereitos. Debemos asegurarnos de que unha interrupción prolongada, causada por esta emerxencia, non se traduza nun retroceso dos dereitos que con tanto esforzo levan defendendo as persoas con autismo, os seus familiares e as organizacións que os representan.
No blog de audición e linguaxe, a mestra Belén, tedes colgadas algunhas propostas para conmemorar este día.

No blog da aula de Ribadumia tamén tedes outra, coa que podedes sumarvos ao reto #LIUB iluminando os vosos balcóns, terrazas ou ventás para celebralo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario