7 may 2020

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Este ano, aínda que sexa cunha proposta a través do blog, tamén celebraremos o Día das Letras Galegas.
A profe Lupe de música colgou unha proposta moi divertida.
Mestres, nenos e familias participaremos nun vídeo que terá de fondo a versión do grupo Astarot do poema de Rosalía de Castro “Adios ríos, adios fontes”.
Podedes saír, bailando, facendo que cantades ou tocades un instrumento, etc.
Iso si, as gravacións non poden exceder dun minuto e non deben ter música de fondo.
Toda a información e o enlace á canción, nesta entrada do blog de música.


No hay comentarios:

Publicar un comentario