20 jun 2020

GRAZAS FAMILIAS!



Temos que dar as grazas as familias e nenos da aula de Ribadumia A, por este precioso e emotivo vídeo que fixeron como despedida e agradecemento.
Leva por título: “CRA de Ribadumia, o mellor cole do Universo”.
QUE BONITOOOOOOO! 

Tamén queremos aproveitar esta entrada para darvos as GRAZAS a todas as familias, por participar nas propostas realizadas durante esta pandemia... 
SODES MARABILLOSOS!
Aos nenos que continúan para o vindeiro curso mandarlles moitos bicos e dicirlles que en nada estamos de volta todos xuntos outra vez.
E unha manchea de bicos e apertas a Marcos, Breogán, Laura, Roi, Víctor, Rosana, Daniela, Lía Iglesias, Yasmina, Noa, Gael, Paula, Joel, Dana, Leo, Lía Martínez, Karla, Pedro, Daniel, Mila, Yago Riveiro, Vera, Mario, Iago e Ana… 
QUE CHICOS MÁIS MAIORES! 
Agora comezaredes unha nova etapa na Educación Primaria na que temos a certeza de que ides a pasalo moi ben e faredes novas amizades. Todas as mestras queremos enviarvos... 
                                       UNHA MANCHEA DE BICOS E APERTAS!

No hay comentarios:

Publicar un comentario