O xoves, 10 de setembro, comezarán o curso os nenos de 4º e 5º de educación infantil (3 e 4 anos). A entrada será do seguinte xeito:
- 3 anos: de acordo co seu horario do período de adaptación.
- 4 anos: no seu horario habitual.
O venres, 11 de setembro, sumaranse os nenos de 6º de educación infantil (5 anos) no seu horario habitual.
A continuación podedes ver o tríptico coas normas xerais a ter en conta para este curso escolar tan atípico.
Pedimos encarecidamente que acatedes estas pautas polo ben de todos. Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario