De conformidade co establecido na Resolución do 30 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de educación e Ordenación Universitaria (DOG do 8 de Outubro), realizarase proximamente neste centro a renovación de dous membros (un mestre e un pai) do CONSELLO ESCOLAR, que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
Íase celebrar o vindeiro 26 de outubro, pero, debido á
situación actual, e tras a Resolución do 22 de outubro de 2020 (que será
publicada no DOG o día 28), terá lugar un ADIAMENTO desta renovación do consello
escolar. Cando saibamos as novas datas farémosvolo saber.
No hay comentarios:
Publicar un comentario