1 jun 2021

Fondo Solidario de Libros de Texto, Axudas adquisición Libros de Texto e Material escolar curso 2021/2022

Informamos ao alumnado que empeza Educación Primaria no curso escolar 2021/2022 que, segundo a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan Axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria para o curso 2021/22. Estas son:

- Adquisición de libros: 1º e 2º de Primaria.

- Material escolar: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º, 6º de Primaria.

- Fondo de libros: 3º, 4º, 6º de Primaria.

Podedes consultar a orde completa pinchando AQUÍ.

Presentación das solicitudes:

- A través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://www.edu.xunta.es/fondolibros, ou

- Presencialmente nos centros docentes onde se matriculen para o curso 2021/2022.

Prazo para presentar as solicitudes:

- Ata o  22 de xuño de 2021 (este incluído).

No hay comentarios:

Publicar un comentario