28 feb 2023

ADMISIÓN de ALUMNADO para o curso 2023/24

 Aberto o prazo de solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.


Que DOCUMENTACIÓN precisamos?
- Formulario de Admisión do alumnado cuberto que nos darán en calquera das escolas, ou que podemos descargar AQUÍ. 
- Fotocopia do DNI (se o neno o ten) e copia do libro de familia, ou equivalente, nas páxinas onde o/a neno/a aparece inscrito.
- DNI dos proxenitores.
- Certificado ou volante de empadroamento onde figuren os membros da unidade familiar que conviven co/a alumno/a.
- Se fose preciso, sentencia de separación.

ONDE temos que ENTREGAR todo isto?
- Na Escola de Leiro, que é a sede do CRA de Ribadumia.

Contacto: 666 410195 (luns a vernes 9-14h, luns 16-18h);                                    cra.ribadumia@edu.xunta.gal

**Só se pode presentar 1 solicitude por alumno/a no centro no que solicite praza como primeira opción.
** Para cubrir a solicitude en canto á RENDA deberedes sumar as casiñas 435 +460 do IRPF do 2021 (declaración presentada no 2022). 
Para a RENDA PER CÁPITA dividiredes ese importe entre o número de membros da unidade familiar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario