17 nov 2009

KIOSCO NA REDE


A semana pasada, buscando información para unha visita á biblioteca de Meis, atopamos esta páxina onde podedes consultar as portadas de moitos dos xornais que se publican en Galicia.
Se queres acceder a ela pincha AQUÍ

12 nov 2009

ATRAPACONTOS NO CRA DE RIBADUMIA

O pasado luns tivemos no CRA unha vista moi especial. Tratouse de Anxo Moure, un atrapacontos que gustou moito a todos.
Co motivo da súa visita, a profe Ana vai facer unha actividade na horta, na que os rapaces plantarán unha árbore nunha bota.
Mentres non temos fotos desa actividade, podedes ver aquí as fotos da visita de Anxo.


VISITAMOS O MUSEO DE PONTEVEDRA

O pasado 20 de outubro fixemos unha excursión cos nenos e nenas ao Museo de Pontevedra. Pasámolo moi ben e puideron ver cosas moi interesantes. Tamén estivemos no mercado onde visitamos as cámaras frigoríficas e os postos de peixe, carne e froitas e verduras. Para finalizar, demos un paseo por Pontevedra ata o parque das Palmeiras, e alí xogamos nos columpios.
Aquí podedes ver algunha das fotos desa saída.


ESTRENAMOS BLOG

Desde o noso Blog queremos dar a benvida a todos os nenos e nenas do CRA de Ribadumia, a todas as nais e pais, e a todos os mestres do cole neste novo ano que comezamos.
Desexamos que este blog poda ser unha canle de comunicación e información de todo o que acontece na escola co exterior, pero tamén nos gustaría coñecer as vosas opinións.
Por iso, anímovos a que expresedes as vosas opinións nos comentarios que podedes facer en cada unha das informacións.
Unha aperta.