Durante todo o trimestre, co gallo da festa do Samaín, estivemos traballando nas diferentes aulas ao redor do medo centrándonos nos dragóns. Para que na casa tamén podades adentrarvos no maravilloso mundo destas criaturas míticas, aquí van algunhas suxerencias que tedes a vosa disposición na nosa biblioteca escolar.
29 nov 2010
27 nov 2010
LUA, LUA, LUA...
OS CUMPREANOS DE NOVEMBRO DE RIBADUMIA
Parabéns ós cinco soliños que cumpriron anos este mes: Diego, María F, María G., Oscar e Sabela!
26 nov 2010
Estivemos no Museo de Pontevedra
Como non podía faltar, este ano fixemos outra visita ó Museo de Pontevedra. Disfrutamos co acibeche, coa cociña da casa vella, cos soldadiños de chumbo, coa fragata Numancia, co camarote do capitán ... Despois merendamos nos soportais da praza da Ferrería e fomos camiñando ata a biblioteca municipal de Pontevedra. A bibliotecaria ensinounos as instalacións, contounos un conto e deixounos un montón de libros e quebracabezas para xogar.
Para rematar esta día tan bo, estivemos xogando nos columpios do Parque das Palmeras. Pasámolo estupendamente!!!
HOXE ESCOLLEMOS NÓS!
EN RIBADUMIA....BATIDO DE PLÁTANO!!!
E CHEGOU O SAMAÍN...
Contos de medo, cabazas decoradas, obradoiro de maquillaxe, Anxo Moure e o seu PAZtinete cargado de contos solidarios... Tivemos de todo, incluso un marabilloso día de sol e unhas estupendas mamás que, a pesar o fume, asaron unhas deliciosas castañas. Pero sen dubida, o mellor foron os doces que trouxeron as familias para a merenda, había de todo: chulas de calacú, bizcoitos de noces, roscas, tortas de queixo, de manzá,... por favor, animádevos a facer comentarios e deixarnos a vosas exquisitas receitas ¡Estaba todo tan, tan rico!...
19 nov 2010
O novembro en Sisán
Na escola de Sisán neste mes de novembro, tivemos castañas a montóns, de moitos tamaños e cores. Para non perdelas fixemos un cestiño moi bonitiño, para celebrar o magosto en Leiro.
10 nov 2010
ESCOLA DE RIBADUMIA: DANIELA, SERGIO E IVÁN.......FELIZ CUMPREANOS!!!
Aquí vos deixamos as fotos da nosa festa de cumpreanos dos pequenos que cumpriron aniños no mes de Outubro!!
7 nov 2010
CHEGARON AS CASTAÑEIRAS A RIBADUMIA
A piques de celebrar a festa do Magosto, esta semana fixemos unhas bonecas de castañeiras moi simpáticas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)