28 dic 2010

Festa de Nadal

O día 22 fixemos a Festa do Nadal no Cra de Ribadumia. Pasamos a mañá cantando, traballando nun taller de plástica, disfrazámonos para as actuacións e tamén comemos moitas lambetadas que trouxemos da casa.
Para rematar o día veu a paxe dos Reis Magos para recoller as cartas dos nenos. Pasámolo fenomenal!!
FELICES FESTAS PARA TODOS!!

Visitamos un Belén en Ribadumia

O martes antes de dar vacacións, e gracias a colaboración co Concello e cunha familia de Ribadumia, os nenos e nenas do CRA puidemos ir visitar un Belén feito por un veciño do concello.
Tiña de todo: un río no que corría a auga, figuras que se movían, unha castañeira que asaba as castañas e botaba fume, o burriño sabanero, o castelo de Herodes, pastores, o portal… Gustounos moitísimo.
Dende aquí dar as gracias a eses veciños que nos abriron as portas da súa casa a todos os nenos e o Concello por facilitar o transporte dos nenos.
GRACIAS E ATA O ANO QUE VEN!!

CHEGOU O NADAL A RIBADUMIA

Como está moi pretiño o nadal, na escola de Ribadumia xa puxemos o belén e a árbore.
Ademáis fixemos varias cousiñas para levar para casa e ir adornando un pouquiño a árbore das nosas casas: unhas velas, uns anxiños, unhas árbores...
BO NADAL A TODOS/AS POR ADIANTADO!

7 dic 2010

A MASCOTA DE SISÁN

Os nenos e nenas de Sisán temos unha nova mascota, a lagarta "LOLIÑA". Con ela investigamos moitas cousiñas: ten o corpo cuberto de escamas, ten 4 patas, é un réptil que lle gusta moito o sol para quentar o seu corpo. No inverno agóchase entre as pedras e apenas sae.
Aquí a podedes ver con todos os nenos.

SAÍMOS DE EXCURSIÓN

O 25 de novembro fixemos unha saída todos os alumnos do CRA cos profes. Primeiro realizamos unha visita ao Estadio de Fútbol de Pasarón, onde entrena e xoga o Pontevedra C.F. O representante do clube, que nos guiou na visita, deixounos xogar no campo, e ata deunos uns balons de fútbol para xogar. Pasámolo de miedo!!
Despois tamén visitamos as salas de trofeos, os vestiarios, a sala de prensa, a lavandería e puidemonos sentar no palco das autoridades.
Estivemos merendando nas gradas, para coller forzas, xa que despois fomos o Pazo de Congresos a ver unha actuación de Mamá Cabra. Cantamos , rimos, bailamos... en fin, foi un día expectacular!!!