26 abr 2012

Concurso escolar: O mellor periodista é...?


O programa Prensa-Escuela de "La Voz de Galicia" convocou a 9ª Edición do Premio Mellor Periodista Infantil e Xuvenil.
E nós, que somos uns grans artistas, non dubidamos en participar!
Tiñamos que escoller un titular do periódico e facer un debuxo que o representara.
Cada aula escolleu unha noticia; Os titulares foron do máis variado: dende a noticia do rei que foi de cacería, sen olvidar a sequía que tivemos semanas anteriores, os incendios que queimaron o monte galego, o aniversario do afundimento do Titanic ou a captura de piratas!
Cada un expresou á súa maneira a noticia... só tedes que ver os resultados.
Estes son algúns dos traballos que van a participar...

24 abr 2012

ABRIL MES DOS LIBROS

Este é un mes especialmente importante no calendario das letras. O día 2, aniversario do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, conmemorase o día do Libro Infantil e Xuvenil. O 23, celebrase o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, ao coincidir esta data co falecemento de Cervantes e Shakespeare. Dende a biblioteca escolar, para conmemorar este mes dos libros, puxemos en marcha o que denominamos “Unha semana con Andersen”. Trátase dunha  maleta cargada de contos deste autor que percorrera as aulas do centro para coñecer a súa vida e obra. Pero non contén soamente libros, tamén DVDs e actividades que se irán enriquecendo cos traballos dos cativos. Os nenos da escola de Lois serán os primeiros en pasar “Unha semana con Andersen”, con el coñecerán O soldadiño de chumbo, O parruliño feo, A sereíña, A raíña das neves… Pero esta non é a nosa única proposta, para os que desexen familiarizarse coa figura de “Don Quijote” e coñecer algunhas das súas aventuras, na biblioteca escolar atoparan os libros das imaxes, unha oferta adaptada as idades dos nosos alumnos e, coma sempre, a disposición da comunidade escolar.

13 abr 2012

FÉLIX ESTÁ EN ROMA

O peluxe viaxeiro de Sofía continua a súa viaxe, na súa última carta fálanos de Roma. Para todos aqueles que desexen coñecer esta cidade e a súa historia, na biblioteca xa andamos a montar un novo recuncho.  A través das páxinas dos libros das imaxes, e outros máis que temos a vosa disposición, poderemos acompañar a este incansable aventureiro.  Para os que opten por saber o que andan a argallar nas  aulas, xa están os enlaces http://ribadumiapequenos.blogspot.com.es/search/label/F%C3%89LIX%20EN%20ROMA