30 may 2012

PREMIO MELLOR PERIODISTA INFANTIL

Hace unhas semanas informámosvos que estabamos a participar nun concurso convocado por Prensa-Escuela de La Voz de Galicia...
Pois temos a gran alegría de comunicarvos que LUCAS SANTAMARÍA GARCÍA conseguiu o 3º premio na categoría de Infantil e Primeiro ciclo de Primaria!
O seu debuxo era sobre a noticia da cacería do rei en Botsuana.
Hoxe, no suplemento de La Voz de la Escuela, podedes ver o anuncio do premio!
Dende aquí (aínda que todos xa o felicitamos no cole)... NORABOA E MOITOS BICOS LUCAS!!
Tráenos algunha foto de cando recollas o premio para que nós as podamos subir ao blog e todos as podamos ver!!

Na web de Prensa-Escuela tamén podedes ver os premios....pincha AQUÍ

CONVIVENCIA

O pasado venres 25, os nenos e nenas de 5 anos tivemos unha xornada de convivencia no CPI Julia Becerra Malvar.
Para ir familiarizándonos coa ruta, collemos o bus nas paradas próximas.
Ao chegar coñecimos aos que serán os nosos compañeiros/as de 1º curso de primaria o ano que ven!
Xunto coas mestras de infantil do cole de Barrantes e os nosos futuros amigos, percorrimos as instalacións: o pavillón, as clases de 1º de primaria, o comedor, a aula de música, a biblioteca...
Nas aulas de 1º alegrounos moito ver a compañeiros/as que marcharon o ano pasado... que grandes están!
Dous nenas de 1º léronnos un conto, unha delas Noa Domínguez! Un bico Noa!!!
No pavillón xogamos co paracaídas!!
"No cole grande teñen aula de música!" dixo algún... Si que a teñen! e ben bonita!!
As clases de 1º xa son con mesas grandes e de 1 en 1... como nos chamou a atención a algúns!
Despois de tanta novidade e coa barrigola baleira,  no comedor esperábanos unha festa rachada na que non faltou de nada: patacas, zumes, galletas, gominolas...
E con enerxías renovadas puxemos camiño ao

Concello onde nos esperaban Salomé e Lidia! A alcaldesa estivo moi atenta ás nosas suxerencias (parques acuáticos, pistas de motos, un cole enorme...) Teremos sorte??
E como todo o bo... o día rematou e volvemos para o noso cole...
"Yo quiero venir ya para este cole" dicía algún... "que ben se pasa!"... tivemos que recordar que non todos os días son así!!!





20 may 2012

Excursión a Apípolis

O pasado venres os alumnos e o profesorado do CRA realizamos a excursión de fin de curso.
Este ano visitamos "Apípolis", que é un Centro Para a Comprensión das relacións existentes entre as persoas e as abellas, que se atopa en San Andrés de Xeve, moi cerca da cidade de Pontevedra.
Pasamos un día moi divertido; coñecemos moitas cousas, fixemos de apicultores, de cociñeiros... e sobre todo aprendemos moitísimas cousas relacionadas coas abellas.
Nos diferentes blogs das escolas podedes ver a información que subiron as titoras e, cando recompilemos todas as fotos, avisaremos para poder velas na galería.

Chegada a Apípolis


Cooperativismo 2012

Un anos máis o CRA de Ribadumia vai a participar no Certame de Cooperativismo no Ensino 2012 que organiza o Consello Galego de Cooperativas. Aquí podedes ver o traballo que presentamos. Esperamos que vos guste e... a esperar.


 

16 may 2012

DÍA DAS LETRAS GALEGAS


O xoves, 17 de maio, é o día das Letras Galegas. Este ano 2012, a persoa elixida pola Real Academia Galega para ser homenaxeada é o avogado, político galeguista, empresario, poeta e xornalista Valentín Paz Andrade.

O noso colexio, este ano, participou no concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado. Aínda que non fomos o colexio gañador, queremos amosarvos os carteis que presentamos e a través dos que quixemos facer un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e algunhas das múltiples facetas que desenvolveu Valentín ao longo da súa vida.

Para a súa elaboración contamos coa implicación de mestres e alumnos que puxeron todo o seu empeño e esforzo para que quedaran así de bonitos…










Nas aulas do C.R.A, están realizando diversas actividades para coñecer algunhas cousiñas da vida e obra deste autor. Se pinchades nos diferentes blogs podedes ir mirando o que van facendo.

Os mestres e alumnos do C.R.A de Ribadumia, tamén queremos felicitar aos colexios premiados:

CEIP ADR Castelao de Rianxo (na categoría de educación infantil e primaria)

IES Xoán Montes de Lugo (na categoría de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional).

¡PARABÉNS!

9 may 2012

Celebramos os maios

O venres pasado celebramos os Maios no CRA de Ribadumia. Por mor do tempo tivemos que facer os talleres na sede do CRA e non puidemos subir ao Monte do Castro.
Con choiva e todo vestimos ó Maio, lle cantamos e difrutamos unha vez máis da compaña do grupo Alecrín.
Nos Blogs das diferentes escolas podedes ver máis información e non vos olvidedes que as fotos están na galería


2 may 2012

RECICLANDO...

Esta semana poñemos en marcha dúas iniciativas de reciclaxe na escola!
Por unha parte imos formar parte da Brigada de recollida de instrumentos de escritura que organiza TERRACYCLE xunto coa empresa BIC.
Pódese reciclar case todo, e os bolígrafos, rotuladores, marcadores, plumas, correctores despois de rematados... pódense convertir dándolles outro uso... Mirade o VÍDEO para descubrir que se pode facer...
Se queredes coñecer máis sobre TERRACYCLE, picade AQUÍ


E por outro lado, comezamos coa recollida de TAPÓNS a favor de Paula, a nena de Boiro que naceu sen sacro.
Recordade que os tapóns que se poden reciclar son os tapóns dos refrescos, das botellas de auga, así como de tetrabricks, champú, tapas de cremas...
A recollida realizarase na sede de Leiro. Na entrada da escola hai dúas gabetas onde poderedes depositar os tapóns ou os vosos elementos de escritura.
Comeza a reciclaxe!