25 oct. 2013

MIGALLAS TEATRO: PRESENTACIÓN “PAN DE MILLO”

Con Migallas Teatro, co ilustrador Dani Padrón, e con músicos que colaboran no disco.
“Pan de millo” e un libro-disco dirixido ao público familiar no que Migallas Teatro reúne 14 cancións infantís e versións de temas tradicionais que interpreta nos seus espectáculos e actividades de expresión dramática.
Esta pensado para seguir practicando o xogo e a diversión, recuperar a memoria dos avós e avoas e contribuír á transmisión da lingua. No repertorio conviven ritmos autóctonos como a muiñeira, pandeiradas e pasodobres, con melodías de inspiración latinoamericana.


ESTADES TOD@S CONVIDAD@S!

1 comentario:

  1. Un dos músicos é do cole de Meaño, xunto cos nenos e nenas de 6º de Primaria do mesmo cole! Está moi ben!

    ResponderEliminar