2 nov 2013

FESTA MAGOSTO-SAMAÍN

O 30 de outubro celebramos a festa do Magosto-Samáin en Leiro.
Durante a mañá desenvolvéronse diversas actividades e como nas escolas están realizando un proxecto sobre os dragóns, estes animais mitolóxicos tamén estiveron presentes nelas.
Para comezar, os alumnos das distintas aulas foron rotando por diferentes talleres nos que decoraron cucuruchos para as castañas asadas, fixeron marcapáxinas de dragóns, escoitaron contos e viron pequenas películas sobre eles, xogaron a “varrer castañas con vasoiras”, facer “torres de carozos”…
Despois, mentres  se preparaban as mesas para a merenda estiveron xogando no patio.

Cando chegou a hora de merendar atopáronse con riquísimos doces e tortas que as familias prepararan nas casas. Hai quen se atreveu a facer “dedos terroríficos”


Algúns pais e nais colaboraron asando as castañas e, os nenos tiveron a oportunidade de ver como realizaba esta tarefa.
Para rematar a mañá, recibimos a visita do mago Noel que nos agasallou con divertidos e sorprendentes trucos de maxia.
Aquí tedes algunhas fotos…


Se queredes ver máis pinchade neste ENLACE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario