23 dic. 2013

FESTA DE NADAL

O venres, 20 de decembro, celebramos a festa de Nadal. Ese día, os alumnos de todas as aulas do CRA xuntáronse en Leiro e participaron en diversos talleres: de contacontos de Nadal, xogos tradicionais, creación de postais de Nadal, decoración de regalos de papel para adornar no mural elaborado para esta festa e visionado de panxoliñas e pequenos contos destas datas.
Despois merendamos todos xuntos os doces e tortas que as familias prepararon nas casas para esta ocasión. 
Houbo quen trouxo cousas tan elaboradas que ata daba mágoa comelas…



Como nas aulas están realizando un proxecto sobre Xapón, recibimos a visita de Alberto, o tío de Uxía, que nos fixo unha exhibición de Karate. Dende aquí queremos darlle as grazas por vir para facernos unha demostración desta arte marcial tradicional deste país.
A continuación cada aula fixo unha pequena representación e, para rematar a festa chegou ao noso colexio o Apalpador que veu dende o Courel para recoller as cartas dos nosos alumnos, apalparlles as barriguiñas e darlles chocolates.



Se queredes ver máis fotos pinchade AQUÍ.

Non queremos acabar sen antes desexar, a toda a comunidade escolar, que teñades un…

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

No hay comentarios:

Publicar un comentario