9 feb 2014

INFORMACIÓN SOBRE A MATRÍCULA: CURSO 2014-15

A través desta entrada pretendemos informarvos sobre os pasos a seguir para matricular aos vosos fillos, xa sexa no noso centro ou outro.
Axuntamos un enlace da orde do 12 de marzo de 2013, onde podedes atopar todo o relacionado co proceso de admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Se queredes lela, pinchade AQUÍ.
Nós, a continuación, imos facer un pequeno resumo dalgúns dos aspectos máis destacados:
- O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
- Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro (do 1 ao 20 de marzo), pero ao mesmo tempo, deberán remitir ao centro de orixe copia da solicitude de admisión presentada no novo centro.
- Os centros que admitan a alumnado procedente doutro centro, comunicaranlle a este a súa admisión. O alumnado que resulte admitido no novo centro perderá o dereito de permanencia no centro de orixe.
- O alumnado que pretende continuar estudos nun centro presentará, do 1 ao 15 de febreiro, a solicitude de reserva de praza. Isto vai servir para que o centro saiba o número de prazas que pode sacar para novas matrículas.
- O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición (no noso caso sería o C.P.I Julia Becerra Malvar), para os efectos de reserva de praza neste, deberá presentar no centro de orixe (neste caso no C.R.A) o modelo normalizado que se publica como anexo I (é o que mandamos ás casa para que cubrir).
- A dirección dos centros públicos remitirá ao centro de adscrición (o C.R.A ao C.P.I Julia Becerra Malvar) unha relación dos alumnos susceptibles de matricularse nel para o vindeiro curso xunto coas solicitudes de reserva de praza.
- Cando os postos dispoñibles no centro adscrito sexan suficientes para satisfacer a demanda existente, publicarase no taboleiro de anuncios deste centro e comunicaráselle ao centro de orixe (neste caso ao C.R.A). Se isto é así, os alumnos do noso centro que pasan a 1º de primaria no C.P.I Julia Becerra Malvar xa non terían que cubrir as follas de admisión de alumnos é só acudirían ao novo centro para formalizar a matrícula que para os alumnos de educación infantil e primaria é do 20 ao 30 de xuño.
- Antes do 1 de marzo, os centros escolares publicarán e expoñerán nos taboleiros unha relación dos postos escolares vacantes.
- Os alumnos que terían que seguir nun centro e queren cambiar a outro, os alumnos que queren continuar nun centro adscrito (os que pasan de infantil a primaria, de primaria a secundaria… é no centro no que están non se cursan estes estudos) no que o número de prazas dispoñibles sexa inferior á demanda, e os que solicitan posto escolar por primeira vez, TEÑEN QUE IR CUBRIR O ANEXO II DE ADMISIÓN DE ALUMNOS (pedilo no centro no que se solicita praza). O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO MESMO É DO 1 AO 20 DE MARZO.
- Neste anexo II, tedes que cubrilo axustándovos a vosas circunstancias reais (na orde da que damos o enlace podedes atopar información sobre cada un dos criterios que se poden alegar para establecer unha orde de prioridade) xa que no caso de que haxa que baremar, por haber máis solicitudes que postos, podedes perder a praza se algo do que poñedes non é verdade.
- Todos estes alumnos que cubran a solicitude de admisión, unha vez que saian as listas de admitidos e estean nela, terán que facer a formalización do 20 ao 30 de xuño ( para o alumnado de educación infantil e primaria).

Á hora de facer as solicitudes, é moi importante que teñades en conta estes tres puntos para non perder a praza nun centro:

1. Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar . Nesa solicitude xa tedes un apartado no que, en caso de non ser admitido nese centro, vos permite poñer outros centros por orden de prioridade. Se presentades a solicitude en máis de un centro, perdedes os dereitos de prioridade.
2. Se o alumnado que tería que seguir nun centro vai presentar solicitude de admisión noutro, terá que comunicalo ao mesmo tempo ao centro no que estaba.
3. O alumnado que ten reservada praza nun centro (cubriu a folla de reserva), se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitude de admisión (que é do 1 ao 20 de marzo).


No hay comentarios:

Publicar un comentario