30 oct 2014

ACTIVIDADES EN RIBADUMIA

No concello están a piques de comezar actividades que vos poden interesar, para nenos ou maiores.


http://www.ribadumia.org/index.php?idMenu=30&idIdioma=2&pag0=1&pagNumRs0=16

Concello de Ribadumia

FESTA DO MAGOSTO E SAMAÍN 2014

Hoxe en Leiro celebramos a festa do Samaín. Foi unha mañá moi especial porque tivemos unha actuación especial, os contos de ANXO MOURE e Xacia.



TODOS DISFRUTAMOS DOS SEUS CONTOS

Aproveitamos o entorno do CRA, tivemos sol, o xardín precioso para escoitar os contos deste célebre artista

RODEADOS DE NATUREZA












Disfrutamos tamén dunha exposición de cabazas, moita creatividade, imaxinación, ....

FESTA DO SAMAÍN

Hoxe 30 de Outubro celebramos a Festa do Samaín e Magosto.


http://www.noticieirogalego.com/2014/10/o-cra-de-ribadumia-celebra-cunha-sesion-de-contacontos-solidarios-o-seu-magosto/

Mañá ou nos proximos días sae a nosa festa nos xornais: Diario de Arousa, Faro de Vigo e A voz de Galicia

Grazas a todos/as pola vosa colaboración co CRA.

28 oct 2014

FESTA SAMAÍN E MAGOSTO 2014



O vindeiro xoves 30 de outubro imos celebrar na Sede do CRA, en Leiro, a festa do Samaín e o magosto. Ao longo da mañá organizaranse xogos, contacontos e visionado de curtas. 

Anxo Moure virá visitarnos e encherá de contos e historias máxicas a nosa escola. 

A merenda compartida traerana os nenos e nenas de 5 anos. 

Necesitamos a colaboración das familias para asar as castañas. As que poidan, por favor, que queden xa cando traian os meniños para poder ir organizando porque leva o seu tempo.

A partir das 12 as familias poden incorporarse á festa e ao contacontos final con Anxo Moure.

Non esquezades traer a vosa cabaza decorada para a exposición! Animádevos a participar!