Hoxe,
24 de febreiro de 2015, conmemoramos o Día
de Rosalía de Castro. Nas aulas do CRA de Ribadumia, vamos realizar
diversas actividades para celebrar que fai 178 anos que naceu esta poetisa
galega.
Rosalía
foi a escritora que abriu o camiño para a dignificación da lingua galega e
recuperou o seu valor literario.
Por
iso, no CRA de Ribadumia, queremos
facerlle unha homenaxe poñendo en marcha un caderno viaxeiro a través do que
imos recoller “As palabras máis fermosas
do galego“.
Haberá
5 cadernos viaxeiros, un por aula, que percorreran as casas dos nosos alumnos e
nos que atoparemos:
Unha
explicación de en que consiste esta actividade.
Unha
folla na que, entre todos os membros de cada familias, escollerán cal é a palabra
galega que máis lles gusta, que máis lles transmite, máis curiosa…, e axudaran ao
seu fillo/a a escribila e a que debaixo dela pegue unha foto ou faga un debuxo
relacionado con ela.
Unha
vez que todos elixan a súa palabra, realizaremos un mural con todas para
conmemorar O día das letras galegas.
E
para vós, cal é a máis fermosa?...
Animádevos
a enviar un comentario coa vosa elección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario