24 feb 2015

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2015/2016

Dende o día 2 ao 23 de Marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión de alumnos e alumnas para o vindeiro curso 2015/16.
Os impresos poden ser recollidos nas diferentes escolas do centro (Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán), na sede do Cra en Leiro ou a través da páxina web da Consellería de Educación; premendo AQUÍ .
Dende o  24 de Febreiro permanecerán expostos nas portas das escolas os postos vacantes para o vindeiro curso en cada escola.
Cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude no Centro no que solicita praza en primeiro lugar, ADVERTINDO que a infracción de presentar solicitudes en varios centro determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
solicitude (ANEXO II), irá acompañada da fotocopia do libro de familia e unha fotocopia do DNI do neno/a (se o ten).
A lexislación na que se basea o proceso de admisión atópase no Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de Decembro) e na Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) 
VACANTES PARA O CURSO 2015-2016 


















No hay comentarios:

Publicar un comentario