22 abr 2016

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Durante esta semana  nas escolas do centro celebramos o día do Libro con diferentes actividades. Entre elas o mércores nas diferentes escolas tivemos un contacontos moi divertidos grazas a Mon e Jose.

Chegaron con cazolas, e utensilios de cociña cheos de Ilusión, Imaxinación, Felicidade....





 Primeiro en LEIRO para os nenos e nenas de Leiro e Lois e despois en Ribadumia e Sisán.





O gato Lambón foi un dos contos representados neste contacontos.




















Ademáis deste conto tamén tivemos un guiñol de marionetas. Sobre a Lenda de San Xurxo.


Cociñando cociñando unha torta de nubes nos agasallaron coma postre despois deste primeiro prato "O Gato Lambón" e o segundo "A Lenda de San Xurxo".


Que rica torta!!!


Durante a mañá recibimos unha visita moi especial, dúas nais da ANPA trouxéronnos un lote de libros para a  biblioteca, unha cesta de prantas aromáticas e para cada neno/a unha pranta de flor vermella.





 MOITAS GRAZAS POLO AGASALLO, POLA COLABORACIÓN E AXUDA NAS ACTIVIDADES, PROXECTOS E CELEBRACIÓNS.



Podedes ver tódalas fotos da celebración deste día no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=218

No hay comentarios:

Publicar un comentario