Mostrando entradas con la etiqueta DIA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIA DO LIBRO. Mostrar todas las entradas

23 abr 2020

CANTOS CONTOS!

Para conmemorar o Día do Libro, aquí tedes tamén una recompilación 
de varios contos contados. 
Só tedes que pinchar nos enlaces, e xa podedes velos e escoitalos.



Se queredes descargar o PDF, pinchade AQUÍ.

23 abr 2016

A MIN GÚSTAME LER EN

Entre o 18 e o 22 de Abril, celebramos o DÍA DO LIBRO. Elemento preciado para a fundamentación dos coñecementos. Por iso, neste centro levamos a cabo unha morea de actividades centrada neste tema. Precisamos a vosa colaboración con unha das actividades.
Cada alumno/a levou para a casa unha folla na que se debe indicar onde lle gusta ler e enviar ao correo das escolas, do centro ou impresa a foto do neno/a lendo nese sitio.



Moitas grazas pola vosa participación.


22 abr 2016

CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO

Durante esta semana  nas escolas do centro celebramos o día do Libro con diferentes actividades. Entre elas o mércores nas diferentes escolas tivemos un contacontos moi divertidos grazas a Mon e Jose.

Chegaron con cazolas, e utensilios de cociña cheos de Ilusión, Imaxinación, Felicidade....





 Primeiro en LEIRO para os nenos e nenas de Leiro e Lois e despois en Ribadumia e Sisán.





O gato Lambón foi un dos contos representados neste contacontos.




















Ademáis deste conto tamén tivemos un guiñol de marionetas. Sobre a Lenda de San Xurxo.


Cociñando cociñando unha torta de nubes nos agasallaron coma postre despois deste primeiro prato "O Gato Lambón" e o segundo "A Lenda de San Xurxo".


Que rica torta!!!


Durante a mañá recibimos unha visita moi especial, dúas nais da ANPA trouxéronnos un lote de libros para a  biblioteca, unha cesta de prantas aromáticas e para cada neno/a unha pranta de flor vermella.





 MOITAS GRAZAS POLO AGASALLO, POLA COLABORACIÓN E AXUDA NAS ACTIVIDADES, PROXECTOS E CELEBRACIÓNS.



Podedes ver tódalas fotos da celebración deste día no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=218

30 abr 2015

DIA DO LIBRO

O 23 de Abril celebramos en tódalas escolas un día moi especial, un homenaxe a todos os libros. Como é un acontecemento importante, este ano puidemos disfrutar do conto de "OS MÚSICOS DE BREMEN" e do conto "A CEBRA CAMILA".

A CEBRA CAMILA
 Chegaron uns contacontos moi especiais, con contos, personaxes, instrumentos ...


OS  MÚSICOS DE BREMEN















A MAXIA DOS CONTOS

CHEGOU AO  CRA

DE RIBADUMIA




     AULA DE SISÁN

      AULA DE LEIRO E LOIS


             AULAS DE RIBADUMIA A e B




 Rematamos este acontecemento cun agasallo, un fermoso marcapáxinas. Con el nunca deixaremos os contos sen rematar.