25 may 2016

MOBILIDADE SEGURA E SOSTIBLE - SEGURIDADE VIAL NO C.R.A DE RIBADUMIA

O martes 24 no C.R.A. de Ribadumia na parroquia de Sisán desenrolouse unha actividade sobre a Seguridade Vial, enmarcada no programa "Mobilidade Sostible e Segura" do Plan Proxecta.

Contamos coa colaboración de Paco Torres da Autoescola Barrantes para elaborar e coordinar un circuito no que o noso alumnado recorreu coma peóns, coma ciclistas, cos seus patinetes ou outros vehículos infantis...
                                                                                                                                                                 
ESTAMOS PREPARADOS
ATENTOS ENSINANDO SINAIS




COIDADO CRUZAN PEÓNS.


CHARLA E PRESENTACIÓN SOBRE SEGURIDADE  



Por o cinturon de seguridade
VISITA AO COCHE PATRULLA E A MOTO DOS AXENTES DA DXT





Ao remate destas actividades, degustaron unha deliciosa merenda ( parte dela agasallada pola  ANPA)


Ummm, que rica

Despois de merendar aínda nos quedaban 2 actividades para realizar.

Un obradoiro de cociña e outro de plástica.

OBRADOIRO DE COCIÑA.

Cada alumno/a realizou un SEMÁFORO.

Ingredientes:

- Sobao.
- Pasta de azucre (verde, vermella e amarela)
- Auga.



OBRADOIRO DE PLÁSTICA

Creación dun carnet de conducir para nenos/as.





Con esta actividade conseguimos
que o alumnado coñeza mellor a rúa
e os seus perigos.


Queremos darlle as grazas ao persoal da DXT que colaborou co centro nesta actividade e no desenrolo do proxecto, a Paco pola elaboración e coordinación do circuito, ao concello, a ANPA.

Tamén nos visitou a prensa o Diario de Arousa e La Voz de Galicia, para darlle difusión a esta actividade.

Para ver tódalas fotos da galería relacionadas con esta actividade preme AQUÍ

















SAÍDA GRANXA ESCOLA DE SERANTELLOS

O 2 de Maio desprazámonos ata a Granxa Escola de Serantellos en Castrelo para realizar diferentes actividades.

PENEIRAR
MOER, PENEIRAR E FACER PAN.



Primeiro descubriron os ingredientes necesario para facer pan.
Tódolos nenos e nenas puideron amasar o seu 
propio boliño.

















E por último o pan ao forno, para poder levalo para a casa cando marchemos.



VISITA ÁS AVES.

ESCOITAMOS Á MONITORA PARA SABER
COMO ALIMENTAR E ENTRAR NAS GAIOLAS
DAS AVES







PLANTAR NA HORTA







Plantaron xirasois, regaron as verduras e legumes que xa tiñan plantados na granxa.




VISITAN AOS MAMÍFEROS

OS COELLOS




















Despois de todas estas actividades xa chega o final da saída.



Para ver todas as fotos preme AQUÍ








CELEBRACIÓN DOS MAIOS

Para darlle a benvida ao Maio, o 29 de Abril todo o alumnado do C.R.A. na Sede en Leiro realizaron diferentes obradoiros e actividades durante a mañá.
As familias facilitaron as flores, pampullos, laranxas, ovos valeiros... necesarios para a elaboración do Maio.
OBRADOIROS:

Cadeas de flores




Así cosemos así así


 Moitas cadeas necesitamos para adornar o maio e cantarlle para que sexa florido e fermoso.

Obradoiro de Exper-i-ciencia, coa colaboración da investigadora Luisa Martínez.
Auga Salgado e Auga Doce
Preparadas para experimentar







OBRADOIRO DE PLÁSTICA: DIADEMA DE FLOR


Despois de merendar e ter moitas forzas xa chegaron as familias para entre todos poder cantarlle ao maio. Tamén estivemos acompañados polos músicos.




A saia da Carolina, o pirimpimpim, o xogo da Carrasquiña... foron algunhas das cancións coas que nos divertimos ese fermoso día.





Grazas a todos e todas por este gran día. 

Para ver tódalas fotos premer     AQUÍ

19 may 2016

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO EDUCACIÓN PRIMARIA

Dende o 17 de Maio ata o 23 de xuño pódese participar no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir os libros de texto e o material escolar en EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA.
Preguntade no Centro no que estea admitido o alumno/a.

Orde para participar no fondo solidario, preme AQUÍ

Documentación para a solicitude, preme AQUÍ


18 may 2016

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS NO C.R.A

Todos os nenos e nenas que reservaron praza no C.R.A. están admitidos.
Recordade recoller a documentación nas escolas dende o 6 de xuño e formalizala matrícula do 20 ao 30 de XUÑO