30 jun 2016

CONCURSO DINOSETO JOYA

O pasado 29 de Xuño, desprazáronse ata o  Auditorio do Concello de Vigo dous alumnos/as do C.R.A., que resultaron finalistas no Concurso Dinoseto Joya.
Este concurso foi realizado pola Escuela de Joyería del Atlántico. Os finalistas do noso centro foron David Rodríguez da escola de Lois e Mencía González da Escola de Ribadumia.

Estes dous alumnos, as súas familias e as súas mestras pasamos unha tarde divertida e emotiva na que os protagonistas recibiron o diploma de finalistas e outras larpeiradas.

Despois nomearon aos gañadores desta edición deste concurso, entre eles a Mencía González.
Do seu debuxo realizaron o alumnos da escola de xoeiria un fermoso broche.

11 jun 2016

CONVIVENCIA NO CPI JULIA BECERRA MALVAR

O 2 de Xuño, os nenos e nenas de 5 anos realizaron as xornadas de conviviencia no  CPI Julia Becerra Malvar en Barrantes.
Acompañados/as das mestras esperaron o autobús xunto ás escolas.






Cando chegaron realizaron actividades durante toda a mañá xunto cos nenos de 5 anos do CPI.



FORMACIÓN DE GRUPOS



CONTACONTOS


MERENDA



RECREO NO CAMPO DE FUTBOL





XOGOS E ACTIVIDADES DE  MÚSICA