28 may 2017

XORNADA EDUCACIÓN VIAL

O venres en Sisán, celebramos as segundas xornadas de educación vial no noso centro. 
A coordinadora de educación vial da DXT de Pontevedra, Helena Rodríguez acompañounos xunto con outros efectivos desta xefatura para ensinarnos a maneira máis segura de viaxar.

Circuito
Ademáis do vehículo da DXT, tamén contamos coa colaboración do pai de Rodrigo de Ribadumia que lles ensinou o camión da súa autoescola.


 Charla formativa: Sistemas de retención infantil.

Obradoiro de cociña: 
Coa axuda das mestras crearon un coche (delicioso), que degustaron no momento da merenda.

Ao remate da merenda, tivemos de novo o pracer de recibir un contacontos de KID'S&US.



Para ver todas as fotos sobre esta xornada, preme AQUÍ

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración, ás familias, ao concello, á ANPA, a KID'S&US,  á DXT... 

SAÍDA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

O alumnado do C.R.A desprazouse a Santiago de Compostela para visitar:

Os bombeiros:

                                                     















Ensináronnos que facer se hai un incendio, puidemos ver as súas ferramentas de traballo, ...

Conservatorio histórico de música:
Durante unha hora disfrutamos dun obradoiro de música grazas aos mestres deste conservatorio, deleitáronnos con divertidas cancións infantís nas que o alumnado puido interactuar.









Ao remate, e despois de facer un merecido descanso para comer; desprazámonos ata a praza do obradoiro. Comezamos a visita á Catedral polo museo da mesma, e despois visitamos o interior.

Podedes ver as fotos desta saída premendo AQUÍ

GRAZAS A TODOS E TODAS POLA COLABORACIÓN NESTA SAÍDA.



27 may 2017

II CONCURSO DAS LETRAS GALEGAS

Na primeira quincena de maio a ANPA do C.R.A. comunicounos a existencia do II Concurso das Letras Galegas.
O alumnado realizou os seus debuxos sobre "Carlos Casares", autor homenaxeado este ano 2017.
A galiña Azul, Lolo anda en bicicleta, O can Rin e lobo Crispin, As laranxa máis laranxas de todas as laranxas....

Parabéns aos gañadores!!!!

26 may 2017

SAÍDA Á AFUNDACIÓN E AO CAFÉ MODERNO

O pasado 10 de maio o noso alumnado desprazouse ata Pontevedra para asistir ao Café Moderno a unha exposición e obradoiro sobre "Os oficios entre lusco e fusco".

Xa estamos preparados para comezar .
Cesteiros, fareiros, zoqueiros, sastres...









Preparados para comezar a saída.




Primeiro estivemos ben atentos que despois comezou o obradoiro.
Esta exposición foi posible grazas a Xosé Abad, este fotógrafo retratou múltiples oficios que están a piques de desaparecer: pastor, barbeiro, fareiro, zoqueiro, sombreireiro....
Castelao.











Despois de merendar, cruzamos a rúa para entrar no Sede de Afundación para disfrutar á escenificación de "Gatuxo".











Preparados, listos, comeza "GATUXO"...
atentos e atentas.


Para ver máis fotos sobre esta saída preme AQUI

11 may 2017

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO 2017/2018

Aquí vos amosamos as listaxes do alumnado admitido e non admitido no noso centro para o vindeiro curso. Está por escolas, para evitar confusións.



4 may 2017

CELEBRACIÓN DO DÍA DA FAMILIA

Estimadas familias:

Haberá diferentes actividades de ocio e obradoiros onde pais/nais e fillos/as participarán xuntos. Será na Praza do Concello (en caso de choiva trasládase ao pavillón de Barrantes). Inscrición previa no Concello na oficina de Servizos Sociais de luns a venres ata o 12 de maio.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE RIBADUMIA

Estimadas familias:

O concello de Ribadumia informa que ata o 16 de maio, todas aquelas familias que o desexen poden reservar praza para os seus nenos na Escola de Verán do Concello de Ribadumia, tendo en conta sempre o seguintes requisitos: • Nenos de 3 a 12 anos • Nenos empadroados en Ribadumia, así como tamén a nai ou o pai • Aportar xustificantes de ocupación laboral dos proxenitores Esta é unha medida que ano tras ano ten maior demanda, e que o concello de Ribadumia mantén como unha ferramenta para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ribadumia. Este ano ademais con novidades, xa que atendendo a demanda de algúns pais que se achegaron ata as dependencias municipais, plantéxase a opción de comedor. Opción que entendemos pode axudar a moitas familias a mellorar e facilitar a conciliación nos meses de vacacións. Ademais disto, engadir que todos os que o desexen poden descargar a solicitude dende a web do concello, www.ribadumia.org. As solicitudes poden ser presentadas na casa do concello en horario de 8 a 15 horas de luns a venres.