4 may. 2017

ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR PRAZA NA ESCOLA DE VERÁN DO CONCELLO DE RIBADUMIA

Estimadas familias:

O concello de Ribadumia informa que ata o 16 de maio, todas aquelas familias que o desexen poden reservar praza para os seus nenos na Escola de Verán do Concello de Ribadumia, tendo en conta sempre o seguintes requisitos: • Nenos de 3 a 12 anos • Nenos empadroados en Ribadumia, así como tamén a nai ou o pai • Aportar xustificantes de ocupación laboral dos proxenitores Esta é unha medida que ano tras ano ten maior demanda, e que o concello de Ribadumia mantén como unha ferramenta para favorecer a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños e veciñas de Ribadumia. Este ano ademais con novidades, xa que atendendo a demanda de algúns pais que se achegaron ata as dependencias municipais, plantéxase a opción de comedor. Opción que entendemos pode axudar a moitas familias a mellorar e facilitar a conciliación nos meses de vacacións. Ademais disto, engadir que todos os que o desexen poden descargar a solicitude dende a web do concello, www.ribadumia.org. As solicitudes poden ser presentadas na casa do concello en horario de 8 a 15 horas de luns a venres.

No hay comentarios:

Publicar un comentario