O alumnado realizou cadenetas de flores para adornar o Maio.
Tamén decoraron unha flor para pola na cabeza para cantarlle ao Maio.
Rematados estes obradoiros, chegaron as cociñeiras de Ponlle as Pilas ao teu Bocata, para ensinarnos os beneficios dos peixes e como cociñalos de forma creativa e innovadora.
Agora toca escoller de que queren os bocatas: atún, sardiñas, mexillóns, chocos, millo, queixo, leituga, aceitunas e tomate.
Despois da merenda, xa o maio está preparado.
Para rematar, este día especial; temos que agradecerlle á ANPA a súa colaboración e darlle as grazas polas fermosas plantas vermellas que lle agasallaron a cada alumno.
Moitas grazas a todos pola colaboración para que esta celebración fose posible.
O martes 25 A Voz de Galicia publicou a nosa celebración.
CELEBRACIÓN DOS MAIOS
VÍDEO CANTÁNDOLLE AO MAIO
Podedes ver tódalas fotos Ponlle as pilas ao teu bocata AQUÍ
Podedes ver as fotos dos Maios AQUÍ
No hay comentarios:
Publicar un comentario