30 nov 2017

VOLUNTARIADO MIÚDO: CAMPAÑA RECOLLIDA DE TAPÓNS.

Unha vez máis, enviamos unha nota informativa as familias sobre a campaña de recollida de tapóns para a Fundación Amigos de Galicia, podedes deixalos na Sede do C.R.A en Leiro.

AQUÍ deixamos o enlace desta campaña, para ver a labor como se logra axudar a pequenos heroes con estes tapóns solidarios.





VOLUNTARIADO MIÚDO: CAMPAÑA DE NADAL RECOLLIDA DE XOGUETES

Esta semana traballando a prensa na escola, atopamos unha nova relacionada co Nadal e a solidaridade.

A Fundación Amigos de Galicia precisa a vosa colaboración para que ningún neno/a quede sen xoguetes este Nadal.

Aquí vos deixamos a información para ver o contido desta campaña e podedes deixar os xoguetes nas escolas do C.R.A.


Como vimos realizando en anos anteriores, durante as datas de Nadal entregamos entre todos os menores que atendemos un agasallo para que ningún/ningunha neno/a perda a ilusión nestas datas tan sinaladas. 

NOS FALTAN 1.063 XOGUETES  POR CONSEGUIR para poder cumprir o obxectivo de poder  entregar a cada un dos menores que atendemos un regalo. 

Se estades interesados/as en doar xoguetes novos para estos/as nenos/as podedes entregárnolo na nave de Vilagarcía de Arousa ) Avda. López Ballesteros, 9), nas oficiñas de Santiago de Compostela (Avda. de Lugo, 115) ou na oficiña de Ourense (Avd. de Portugal, 59). 

Todos os xoguetes novos que nos entreguedes, irán directois ao árbore destas familias. Porque entre todos podemos facer que ningún neno/a se quédese sen xoguete neste Nadal. 

21 nov 2017

CULTURGAL


Programa infantil e familiar 2017 xa dispoñible

O 1, 2 e 3 de decembro podedes disfrutar do CULTURGAL na cidade de Pontevedra.
Aquí vos deixamos o enlace da programación para que poidades visitalo en familia.



1 nov 2017

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

O martes 31 de outubro celebramos na Sede do C.R.A en Leiro, a celebración do Samaín acompañado do Magosto.

Durante a primeira parte da mañá desenroláronse diversos obradoiros: de plástica (elaboración dun cestiño para as castañas asadas), visionado de vídeos , contacontos e Samaín e xogos de Samaín relacionados coa mitoloxía, bruxas, vampiros, monstros...

O alumnado trouxo calacús decorados de forma moi orixinal.
Ás 11 e media degustaron unha deliciosa merenda terrorífica que trouxeron as familias neste día.
Despois o escritor e ilustrador Heitor Picallo mostrounos como elaborou o seu libro "Tilirín e a mitoloxía", que materiais emprega para ilustrar láminas... como se ilustra....

Neste día non podía faltar a visita da Bruxa Hermelinda coas súas pócemas máxicas. Para rematar todo o alumnado bailou a canción dos monstros peludos.

As familias colaboraron durante toda a mañá asando as castañas para a súa degustación.





Moitas grazas por facer que esta celebración fose posible.

A nosa celebración saíu na prensa, preme AQUÍ

As fotos da celebración podes velas AQUÍ








MITOLOXÍA

Durante todo o mes de Outubro nas aulas do noso centro educativo, investigamos sobre a mitoloxía, galega, grega, romana...

Unha investigación que comeza na escola e se traslada as casas do alumnado.

Descubrimos:
Bruxas, trasnos, o papón, o apalpador, gatipedro, o urco, o busgoso.... os deuses do Olimpo....

O alumnado levou unha actividade para a casa, cada un realiza unha ficha co seu ser mitolóxico favorito. Con elas elaboramos un libro que se espuxo o día da celebración do Samaín.



Resultado de imagen de urco
       Resultado de imagen de dioses del olimpo