Unha xornada de COIDADO!
A mañá do luns foi intensa e produtiva:
COIDADO do medio ambiente:
Da man de EcoBraulio e o científico Atomillo descubrimos que son os RAEE (residuos de aparellos eléctrico e electrónicos). Estes aparellos, polas súas características, supoñen un grave problema para o medio ambiente, polo que é moi importante adquirir desde a infancia hábitos que permitan un uso responsable desde a adquisición ata o momento de desfacerse deles.
COIDADO da alimentación:
Un ano máis recibimos a visita dos nosos xa coñecidos PANS (profesores da alimentación e nutrición saudable) que nos mostraron a importacia e necesidade dos produtos mariños na nosa dieta. Antes de marcharse, "puxeron as pilas" aos nosos bocadillos, que ricos!
COIDADO da hixiene bucal:
Para rematar a xornada, un grupo de hixienistas dentais, amigas do Ratiño Pérez, concienciáronnos do indispensable que é manter un coidado diario da nosa boca e déronnos as claves para mantela limpa e sa.

Fotos, vídeos e máis nas seguintes ligazóns:
No hay comentarios:
Publicar un comentario