Mostrando entradas con la etiqueta PLAN PROXECTA. PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLAN PROXECTA. PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA. Mostrar todas las entradas

6 feb 2019

Unha xornada de COIDADO!

Unha xornada de COIDADO!

A mañá do luns foi intensa e produtiva:
COIDADO do medio ambiente:
Da man de 
EcoBraulio e o científico  Atomillo descubrimos que son os  RAEE (residuos de aparellos eléctrico e electrónicos).  Estes aparellos, polas súas características, supoñen un grave problema para o medio ambiente, polo que é moi importante adquirir desde a infancia hábitos que permitan un uso responsable desde a adquisición ata o momento de desfacerse deles.
COIDADO da alimentación:
Un ano máis recibimos a visita dos nosos xa coñecidos 
PANS (profesores da alimentación e nutrición saudable) que nos mostraron a  importacia e necesidade dos produtos mariños na nosa dieta. Antes de marcharse, "puxeron as pilas" aos nosos bocadillos, que ricos!

COIDADO da hixiene bucal:
Para rematar a xornada, un grupo de 
hixienistas dentais, amigas do Ratiño Pérez, concienciáronnos do indispensable que é manter un coidado diario da nosa boca e déronnos as claves para mantela limpa e sa.

Fotos, vídeos e máis nas seguintes ligazóns:

27 abr 2017

OBRADOIROS PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA E CELEBRACIÓN DOS MAIOS

O 24 de Abril, en Leiro todo o centro celebrou os maios e tamén realizou os obradoiros de "Ponlle as pilas ao teu bocata".

O alumnado realizou cadenetas de flores para adornar o Maio.



Tamén decoraron unha flor para pola na cabeza para cantarlle ao Maio.
Rematados estes obradoiros, chegaron as cociñeiras de Ponlle as Pilas ao teu Bocata, para ensinarnos os beneficios dos peixes e como cociñalos de forma creativa e innovadora.




Agora toca escoller de que queren os bocatas: atún, sardiñas, mexillóns, chocos, millo, queixo, leituga, aceitunas e tomate.



Despois da merenda, xa o maio está preparado.





Para rematar, este día especial; temos que agradecerlle á ANPA a súa colaboración e darlle as grazas polas fermosas plantas vermellas que lle agasallaron a cada alumno.

Moitas grazas a todos pola colaboración para que esta celebración fose posible.

O martes 25 A Voz de Galicia publicou a nosa celebración.
CELEBRACIÓN DOS MAIOS

VÍDEO CANTÁNDOLLE AO MAIO

Podedes ver tódalas fotos Ponlle as pilas ao teu bocata AQUÍ

Podedes ver as fotos dos Maios AQUÍ

23 abr 2016

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA - PLAN PROXECTA

Este venres todo o alumnado asistiu á Sede do Cra para participar no obradoiro de Ponlle as Pilas ao teu Bocata.
Dous profesores en alimentación ensináronnos o importantes que son as conservas e os peixes.
























Entre imaxes e xogos os nenos e nenas comprobamos a importancia da sardiña, bonito, polvo, chocos, mexilóns ... para a nosa saúde.


Voluntarios para actividades.

Pasta con conservas

Pizza de xoubas


Croquetas de arroz con choco



 

Cada un escolleu os ingredentes dos que querían os bocatas. Pan e ....



                                                                     
Xurdiron Bocatas de Mexilón, leituga e tomate; de Mexilóns e Xoubas; de Atún e vexetais....
Montóns de combinacións que degustaron os nosos alumnos e estaban riquísimos.
 


Deliciosos!!!

















Despois de tomar os Bocatas e para despedirnos destes mestres da nutrición, fixeron unha foto conxunta.


Para ver tódalas fotos premer AQUÍ

20 abr 2016

PLAN PROXECTA - PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

Este curso a través do Plan Proxecta, estamos traballando no programa PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA.
Este venres na sede do C.R.A. en LEIRO teremos a realización dos obradoiros con todo o alumnado das catro escolas.

Resultado de imaxes para ponlle as pilas ao teu bocata