O
venres, 20 de decembro, celebramos a Festa de Nadal na
Casa de Cultura de Ribadumia.
Casa de Cultura de Ribadumia.
Unha parte da mañá, estivemos acompañados por algúns avós da
Residencia DomusVi de Ribadumia e os familiares dos nosos alumnos.
Durante
esta xornada, realizamos moitas actividades...
Os
nenos foron rotando por tres talleres.
DE
XOGOS
DECORACIÓN
DUNHA BOLA DE NADAL
CONTACONTOS
DE NADAL
Recibimos
a visita de Kids&Us
Merendamos
riquísimos doces preparados polas nosas familias.
Todos
xuntos miramos un precioso vídeo, que xa amosamos na entrada anterior deste blog, e que foi realizado pola mestra Lupe de música. Nel recóllense algunhas das actividades
que se fixeron durante o Nadal nas aulas do C.R.A de Ribadumia.
Houbo
moitas actuacións:
Os
nenos de Leiro dramatizaron Buscando Papá Noel.
Os de Sisán bailaron ao ritmo de Last Christmas.
Os
de Lois interpretaron a obra de teatro “El zapatero y los duendes”.
Os
de Ribadumia cantaron e bailaron as Panxoliñas de Mamá Cabra.
E para finalizar, todos xuntos, bailaron “dinosaurios no Nadal” que prepararon
coa mestra Lupe de música.
Para
rematar a mañá, recibimos a visita do Apalpador ao que os nenos entregaron as
súas cartas e el agasallou cunha chocolatina.
Podedes
ver máis fotos nos blogs das aulas de:
Todas
as mestras do C.R.A de Ribadumia, queremos desexar a toda a nosa comunidade
escolar...
UNHAS FELICES FESTAS E
PRÓSPERO ANINOVO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario