Do 1 ao 17 de febreiro,
está aberto o prazo para a reserva de praza dos nenos/as de 6º de Educación
Infantil en 1º de Primaria no colexio adscrito (CPI Julia Becerra Malvar).
Todas
as familias que queiran matricular aos seus fillos neste centro en 1º de
Primaria, deberán entregar a solicitude de reserva cuberta nas escolas do C.R.A
antes do LUNS 17 DE FEBREIRO.
A folla
de solicitude pode ser recollida nas escolas do C.R.A e entregada en Leiro (en
dirección) ou facelo a través da aplicación informática “admisión de alumnos”
da Consellería de Educación. Dende esta aplicación poden crear unha solicitude
online e, unha vez cuberta, entregala en dirección en Leiro.
Para
facelo online:
Solicitude→Reserva→Crear
No
caso de que queirades matricular aos vosos fillos noutro centro diferente ao
adscrito, deberedes facelo no colexio da vosa elección no prazo do 1 ao 20 de Marzo, onde vos
informarán da documentación necesaria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario