30 jun 2020

MATRÍCULA NOVOS ALUMNOS

As familias que realizaron a solicitude de admisión no C.R.A de Ribadumia, teñen do 1 ao 10 de xullo para formalizar a matrícula para o vindeiro curso 2020-21.
Tedes que ir pola sede en Leiro para recoller a documentación que hai que cubrir.
O horario será de 9h. a 11h.
Para calquera dúbida podedes chamar ao teléfono 666410195.

26 jun 2020

BOLSAS DE MATERIAL ESCOLAR DO CONCELLO DE RIBADUMIA

O Concello de Ribadumia convoca bolsas de material escolar para Educación Infantil, Primaria e Secundaria, para o vindeiro curso 2020-21.
O prazo de presentación rematará o 14 de xullo de 2020.
A continuación tedes o bando cos requisitos para acceder a estas axudas.


20 jun 2020

GRAZAS FAMILIAS!



Temos que dar as grazas as familias e nenos da aula de Ribadumia A, por este precioso e emotivo vídeo que fixeron como despedida e agradecemento.
Leva por título: “CRA de Ribadumia, o mellor cole do Universo”.
QUE BONITOOOOOOO! 

Tamén queremos aproveitar esta entrada para darvos as GRAZAS a todas as familias, por participar nas propostas realizadas durante esta pandemia... 
SODES MARABILLOSOS!
Aos nenos que continúan para o vindeiro curso mandarlles moitos bicos e dicirlles que en nada estamos de volta todos xuntos outra vez.
E unha manchea de bicos e apertas a Marcos, Breogán, Laura, Roi, Víctor, Rosana, Daniela, Lía Iglesias, Yasmina, Noa, Gael, Paula, Joel, Dana, Leo, Lía Martínez, Karla, Pedro, Daniel, Mila, Yago Riveiro, Vera, Mario, Iago e Ana… 
QUE CHICOS MÁIS MAIORES! 
Agora comezaredes unha nova etapa na Educación Primaria na que temos a certeza de que ides a pasalo moi ben e faredes novas amizades. Todas as mestras queremos enviarvos... 
                                       UNHA MANCHEA DE BICOS E APERTAS!

15 jun 2020

NOTAS 3º TRIMESTRE

Xa están postas as notas do terceiro trimestre, polo que a través da aplicación Abalar  xa podedes velas a partires de hoxe ás 13:00h.
Tedes que pinchar no nome do voso fillo/a e despois, pulsando nas tres raias horizontais que están arriba á esquerda, accederedes ao menú con todas as funcionalidades dispoñibles. Aí é onde tedes que ir a cualificacións e despois arriba á 3ª avaliación, e xa podedes consultar as notas dos vosos fillos.
Vou poñer aquí un enlace ao PDF onde explican como usar esta aplicación, por se aínda non a tedes:


Para calquera dúbida por isto ou por outra cousa, chamade ao teléfono de Leiro (666410195) en horario 10 a 14 horas de luns a venres. 

8 jun 2020

ÚLTIMOS TRABALLOS DE INGLÉS DESTE CURSO

Aquí tedes os derradeiros traballos que propón a mestra Anabel de inglés para este curso.

Vamos a recordar lo último que aprendimos en el cole… los WILD ANIMALS.
Empezamos con unas manualidades, con este enlace podéis hacer diferentes wild animals.
Para seguir con nuestro libro os propongo esta ficha, donde tenéis que dibujar el animal que continua en la serie y colorear.


Otro trabajo de nuestro libro que va a ser muy facilito, tenéis que fijaos bien cual es el wild animal que no se corresponde con el resto. Si queréis, también podeis colorearlos.


Ahora pasamos a repasar los nombres de algunos wild animals.


Con ayuda de  la ficha anterior tenéis que unir cada dibujo con su nombre.


Esta es muy facilita, solo hay que poner un tick en el nombre del animal que se corresponda con el dibujo.


AQUÍ OS PONGO UN ENLACE DE UN CUENTO SOBRE ZOO ANIMALS Y UNA CANCIÓN.


Y PARA ACABAR 2 ACTIVIDADES UN POCO MAS DIFICILES:

LA PRIMERA ES UNA SOPA DE LETRAS DONDE TENEIS QUE BUSCAR Y ESCRIBIR LOS NOMBRES DE LOS ANIMALES QUE  APARECEN EN LOS DIBUJOS.


EN LA SEGUNDA HAY QUE ESCRIBIR EL NOMBRE DE LOS ANIMALES CON AYUDA DE LAS FICHAS ANTERIORES Y POR SUPUESTO DE LOS PAPIS.



PASAR UN HAPPY SUMMER

7 jun 2020

AVISO IMPORTANTE


O vindeiro mércores día 10 de xuño poderedes acudir as escolas de 10 a 12 horas para a recollida e devolución do material escolar.
Para levar a cabo esta tarefa activarase o protocolo de medidas relativas á prevención fronte ao COVI 19 de acordo coa resolución do 22-05-2020 da Consellería de Educación.

Aquí tedes os enlaces á entrada, do blog de cada aula, na que as titoras explican por onde hai que acceder á escola e cales son as normas para facelo.

Cando veñades, se facedes o favor, traede a bolsa co conto da biblioteca e a mochila viaxeira. Se tiverades algún caderno viaxeiro tamén.