31 may. 2011

CALENDARIO ESCOLAR 2011-2012

A consellería de Educación publicou hoxe o calendario escolar para o curso que ven. Podedes consultalo AQUI

CONVIVENCIA 2011

Un anos máis fixemos unha xornada de convivencia no cole de Barrantes cos cativos que estudarán alí o vindeiro ano. Ao chegar xuntámonos con outros nenos e nenas de infantil e, para coñecernos máis, realizamos unha serie de xogos e cancións no pabillón do cole. Despóis algúns alumnos e alumnas de 1º de primaria leronnos contos e ensinaronnos as súas clases. Visitamos tamén a clae de música e o comedor, onde merendamos plátanos e iogures.
Tamén fixemos unha visita ao Concello de Ribadumia onde fomos recibidos pola Alcaldesa e pola Tenente de Alcalde. Ensináronnos as diferentes oficinas, o salón de plenos e o despacho da Alcaldesa.
Ao salir xogamos un rato nun parque novo que está xunto ao Concello.
Queremos dar as grazas a Alcaldesa e a súa corporación por deixarnos facer a visita, que esperamos repetir outro ano. Grazas











Na escola de Ribadumia celebramos os cumples de maio

Esta vez tócalle a Pablo e a Yago.

Foron bos anfitrións e fixeron unha tarta para todos. Moitas felicidades para estes dous COCIÑEIROS.


A xanela do maxín... e máis

O venres pasado disfrutamos da segunda actividade cedida polo Concello. Neste caso tratábase duns títeres, que actuaron na Casa da Cultura de Ribadumia. Volvémonos a xuntar todos, e visitamos o Auditorio, os muiños do Batán e camiñamos ata o Clube de piragüismo "O Muiño" onde puidemos visitar as súas instalacións, ver como son as piraguas, as palas, e ata deixáronnos subir nelas. Acabamos agotados con todo o que camiñamos, pero... pasámolo moi ben.



Obradoiro de pintura e visita á panadería de Puentearnelas

A semana pasada puidemos disfrutar dun obradoiro de pintura na sede de Leiro. Foi unha das dúas actividades que nos cedeu ó Concello. Aproveitando que estábamos todos xuntos, fixemos unha visita á Panadería de Puentearnelas. Tratáronnos moi ben: amasamos pan, visitamos os obradoiros do pan, as amasadoras, os fornos... e para rematar déronnos un bolo de pan recien feito. Grazas ós donos da panadería pola súa amabilidade.



8 may. 2011

EXCURSIÓN AO TEATRO DE CAIXANOVA E AOS BOMBEIROS DO SALNÉS

O xoves 5 de maio os nenos e nenas de 4 e 5 anos xunto cos profes fixemos unha excursión. Á primeira hora da mañá fomos o teatro de Caixanova, en Pontevedra, a ver unha obra titulada "Cando chove e raia o sol". Cando saímos do teatro, demos un paseo ata o edificio da Diputación de Pontevedra, no parque das Palmeras, e sentados na súa escaleira tomamos a merenda. Depois tiñamos que coller o autobús na Alameda e, mentras esperábamos bailamos todos xuntos "A Carrasquiña".

O autobús levounos ao Parque de Bombeiros do Salnés. Quedamos encantados co recibimento que nos deron os bombeiros que estaban ese día no parque. Ensináronnos todo: os cascos, as linternas, as radios, as chaquetas, os camións (por dentro e por fora), e todas as instalacións do parque onde fan eles a súa vida.

Como remate da visita, fixeron varias viaxes para levar a TODOS os nenos no camión, dando unha volta dentro das instalacións.

Queremos dar as grazas aos bombeiro dese turno e que, sen dúbida, o ano que ven volveremos.





AGADECEMENTO Ó GRUPO "ALECRÍN"

Un ano máis queremos dar as grazas, a comunidade educativa do CRA de Ribadumia, ao grupo "Alecrín" que, dun xeito totalmente desinteresado e gratuíto, accedeu a achegarse ata a sede do CRA en Leiro, para celebrar onda nos a festa dos Maios. Xa van moitos anos desta colaboración e dende aquí querémoslle dar o noso máis sincero agradecemento.

GRAZAS A TODOS POLO VOSA COLABORACIÓN.

CELEBRAMOS OS MAIOS E...

O venres día 6 celebramos Os Maios na sede do CRA. O primeiro que fixemos foi preparar os colares de margaridas mentres algunhas das mestras ían vestindo o maio co fiuncho.



Unha vez que tivemos todo preparado, fixemos unha subida polo monte ata o castro de Ribadumia. Tiñamos unha visita organizada con monitores do CSIC, que explicaron moi ben a todos os nenos o que era un castro, as diferenzas entre eles, o que se atopou na excavación, como vivían naquela época...



Cando baixamos de novo ata a escola, tivemos a visita do grupo "Alecrin", co que cantamos e bailamos arredor do Maio. Tamén participaron pais e nais que estaban por alí. Foi un día estupendo e pasámolo moi ben.




1 may. 2011

CUMPREANOS DO MES DE ABRIL

Miguel e Victor cumpren 6 e 4 anos respectivamente este mes!
E inauguran nova tarta de cumpre: con natillas!! Mmm!! Felicidades cativos!


MESTURANDO CORES

Dende o ultimo post de Miró aprendimos moitas mais cousas sobre este artista.
Aqui vos deixamos a nosa orixinal mestura das cores que utilizaba Miró para pintar o mesmo cadro, cada un é diferente!









ROLIÑOS DE QUEIXO E AMORODOS

Con queixo philadelphia, pan de molde e mermelada de amorodos fixemos uns riquisimos roliños que poden servir para almorzar e vir ó cole con moitas ganas de traballar!



CÉSAR MANRIQUE NO CRA DE RIBADUMIA

Realizamos un proxecto sobre Cesar Manrique, artista español que loitou pola defensa dos valores medioambientais. Nel traballamos: o seu nome, lugar de nacemento, profesións e observamos algunhas das súas pinturas, obras de arquitectura…, para acabar centrándonos nunhas das súas esculturas ás que puxo por nome “Xoguetes do vento”






Como Cesar Manrique, entre todos, decidimos facer “Xoguetes de vento” para o noso xardín. Na aula traballamos os nomes dos materiais que utilizamos para a súa creación







Así quedaron os nosos Xoguetes do vento…

A ALIMENTACIÓN É COUSA DE TODOS

Os mestres do C.R.A de Ribadumia, consideramos que a alimentación é un tema moi importante non só na infancia senón tamén ao longo da vida das persoa. É por isto, que decidimos facer un proxecto sobre os alimentos coa intención de mellorar os hábitos alimenticios dos nosos alumnos. A través dunha nota, informamos ás familias sobre o que íamos traballar e pedimos a súa implicación co fin de conseguir que a dieta dos seus fillos resultara máis saudable.
Aquí tedes as actividades que realizamos en torno os alimentos






Tamén fixemos a nosa pirámide de alimentos