24 feb 2015

SALÓN DO LIBRO



Dende o 27 de Febreiro ata o 28 de Marzo, celebrarase no Pazo da Cultura de Pontevedra baixo o título "DA CIENCIA Á FICCIÓN" o XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil.

Será un mes cargado de actividades culturais para disfrutar nenos/as e maiores, contacontos, obradoiros, exposicións ...

Para máis información AQUÍ

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2015/2016

Dende o día 2 ao 23 de Marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión de alumnos e alumnas para o vindeiro curso 2015/16.
Os impresos poden ser recollidos nas diferentes escolas do centro (Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán), na sede do Cra en Leiro ou a través da páxina web da Consellería de Educación; premendo AQUÍ .
Dende o  24 de Febreiro permanecerán expostos nas portas das escolas os postos vacantes para o vindeiro curso en cada escola.
Cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude no Centro no que solicita praza en primeiro lugar, ADVERTINDO que a infracción de presentar solicitudes en varios centro determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.
solicitude (ANEXO II), irá acompañada da fotocopia do libro de familia e unha fotocopia do DNI do neno/a (se o ten).
A lexislación na que se basea o proceso de admisión atópase no Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de Decembro) e na Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) 
VACANTES PARA O CURSO 2015-2016 


















AS PALABRAS MÁIS FERMOSAS DO GALEGO

Hoxe, 24 de febreiro de 2015, conmemoramos o Día de Rosalía de Castro. Nas aulas do CRA de Ribadumia, vamos realizar diversas actividades para celebrar que fai 178 anos que naceu esta poetisa galega.
Rosalía foi a escritora que abriu o camiño para a dignificación da lingua galega e recuperou o seu valor literario.

Por iso, no CRA de Ribadumia,  queremos facerlle unha homenaxe poñendo en marcha un caderno viaxeiro a través do que imos recoller “As palabras máis fermosas do galego“.


Haberá 5 cadernos viaxeiros, un por aula, que percorreran as casas dos nosos alumnos e nos que atoparemos:
Unha explicación de en que consiste esta actividade.


Unha folla na que, entre todos os membros de cada familias, escollerán cal é a palabra galega que máis lles gusta, que máis lles transmite, máis curiosa…, e axudaran ao seu fillo/a a escribila e a que debaixo dela pegue unha foto ou faga un debuxo relacionado con ela.

Unha vez que todos elixan a súa palabra, realizaremos un mural con todas para conmemorar O día das letras galegas.

E para vós, cal é a máis fermosa?...
Animádevos a enviar un comentario coa vosa elección.

19 feb 2015

O ENTROIDO

O venres, celebramos a festa de Entroido en Lois. Durante a mañán disfrutamos de diversos obradoiros:

PLÁSTICA: Elaborar un antiface de Aborixe de Australia.




XOGOS: Xogos con paracaídas.




CONTACONTOS


Despois dos obradoiros disfrutamos do desfile e dunha espectacular merenda coa colaboración das familias.
 






     

GRAZAS A TODOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN.

CARTAS DE FÉLIX: FÉLIX VISITA AUSTRALIA

Félix, a lebre viaxeira está visitando Australia. Por iso, no noso centro a través das súas cartas coñecemos este lugar.

Na biblioteca do centro investigamos como é Australia, a flora e a fauna do lugar, costumes ...



Atopamos moita información nos libros da biblioteca. Entre eles os de animais.





Celebrando o 26 de Xaneiro o día Nacional de Australia.


As familias do alumnado do Cra colaboran con este proxecto desenrolado nas aulas, aportando información, bonecos, mapas, obxectos de Australia.



Moitas grazas, pola vosa colaboración.

DIA DA PAZ

O 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz, durante a última semana deste mes en tódalas aulas estivemos traballando a Paz.

Fixemos diversas actividades:

A caixa dos bicos e o libro dos bicos de sabores.


 

Tamén a CAIXA DAS EMOCIÓNS


Cada neno/a elaborou a súa  CAIXA DE
EMOCIÓNS: AMOR, RABIA, MEDO ....


Para ese día tamén se elaboraron os RECIPIENTES DOS SENTIMENTOS.






Son pequenos recipientes que lles
fan sentir emocións e sentimentos.


E outras actividades plásticas